A segunda, ou o triunfo de Guardiola/Obama


Nada escribira aínda sobre a segunda, ocupado como estaba na demorada lectura dos artigos, entrevistas e reportaxes especiais dos que foi merecente o Barça esta fin de semana, da que, coincidindo coa consecución da Liga, os dominicais fixeron protagonista indiscutíbel a Pep Guardiola. Por un celo propio e intelixente do catalán, pouco parecen saber na prática os medios xornalísticos da súa vida privada, do seu carácter e forma de ser, da súa "humanidade" á marxe do fútbol. Quizais por iso, e tamén porque me parece máis importante analizar os feitos que saber da intimidade das persoas, gustoume especialmente a entrevista que Luís Martín lle facía a Xavi en El País. Conta Xavi nela que o primeiro que fixo Guardiola foi devolverlles a confianza en si mesmos, subirlles a autoestima. Despois, fundar o novo Barça e a súa idea de xogo non nas individualidades e as incorporacións millonarias, senón na interiorización e compromiso cuns valores e ideas determinadas. Por último, devolver as regras ao vestiario, asentar unha disciplina sen excepcións e insistir no camiño do traballo diario. Falamos de fútbol, pero poderiamos estar falando de moitos outros campos da vida.

Gústame pensar que os nenos e nenas de hoxe xogan a ser Iniesta, ou Xavi, ou Puyol. Que os escoitan e aprenden deles (e do que se di deles). E, quizais porque o sinto así, gústame tamén que o meu equipo estea dirixido por homes coma Rijkaard ou Guardiola, auténticos deportistas e cabaleiros: profesionais e ambiciosos no plano deportivo, humildes e respectuosos na súa relación cos demais. Porque o triunfo do Barcelona é tamén un triunfo simbólico duns determinados valores que cómpre recuperar socialmente, e desde logo dun estilo que valoriza o colectivo, que esixe compromiso, que pide a todos por igual esforzo e confianza, que premia o talento e a disciplina e que fomenta, desde o traballo, a imaxinación e a creatividade. Canto de aplicábel ten a filosofía deste Barça ás nosas vidas, nunha sociedade que expulsara ao faiado a cultura do esforzo e a substituíra pola trivialidade, a apariencia, o triunfo rápido e ostentoso, o novoriquismo.

Penso en todo isto e, sen ánimo de me poñer estupendo, conclúo que quizais non por acaso o destino quixo facer coincidir no tempo este fútbol histórico, refundado, coa estrepitosa crise do seu correlato -antitético, por suposto- do plano económico: o capitalismo selvático do todo vale, da lei do máis forte e do máis pillo, do diñeiro fácil e rápido e dos pesos a catro pesetas. Foi vérense afectados os pilares e derrubarse o edificio enteiro. Semella que agora estamos nun certo equinoccio, complexo e contraditorio, mais con síntomas positivos. Libérase a realidade do seu secuestro, renóvase a fe no traballo e no compromiso, esfarélase a vacuidade dos vendedores de fume -cos petos cheos, si, mais tamén coa cabeza gacha-. Quizais por esta coincidencia, hai algo claramente extradeportivo na admiración unánime que esperta o equipo de Guardiola, algo que comunica alén do fútbol, que xera sentido máis alá das crónicas xornalísticas dos luns. En tempos de desencanto e incertidume (social, cultural, económica) este Barcelona de Pep, Xavi, Iniesta, Piqué, Puyol, Valdés e Messi, afastado das cámaras e do glamour, confiado na constancia e na autoestima e construído arredor de ideas e valores colectivos, ofreceu a boa parte da cidadanía respostas e motivos para a esperanza. Por aquí o camiño, pareceu dicirnos en silencio, sen estridencias innecesarias. Crede en nós e no que estamos a facer, tede fe no noso traballo, seguídenos. Como dixo Guardiola aos seus xogadores, despois de empezar perdendo e empatando nesta Liga. Como o exitoso grupo que un xornal deportivo catalán montou en facebook: cremos. Como convenceu Obama aos cidadáns americanos: podemos. Hai problemas, si, e vimos dunha mala situación, pero non desesperedes: hai unha saída e é por aquí. Manteñámonos unidos. Estamos na dirección correcta e, con esforzo e constancia, o éxito chegará. Guardiola/Obama ofreceu o que os xogadores, a afección e o clube necesitaba: ideas, comunicación, liderado.

E o éxito, efectivamente, chegou. Polo menos no caso do Barcelona. E chegou de maneira importantísima, xerando confianza e identificación, axudando a que a xente pasase da empatía e a admiración calada á socialización e defensa aberta do novo modelo. Veremos por onde van as cousas no campo político, mais a saída revélase tamén posíbel se entendemos a lección e aplicamos o método: autoestima, traballo e disciplina, mudanza de sistema e valorización do colectivo. Ou sexa, as persoas antes que os beneficios, a regulación da economía ao servizo do conxunto dos cidadáns, a valorización do público e da súa calidade, o traballo e o esforzo como valores socialmente positivos.

Agardemos que en Roma consigamos a terceira.

10 comentários:

  1. Ben que vos chegaba coa Champions e a Liga e deixarnos a Copa aos do Bilbo...que xa o avó do xenocida sanguinario que teñen os españois de Xefe do Estado nos roubou unha.

    ResponderExcluir
  2. Só pola xenialidade do teu nickname, Larry Berza, negociaría mesmo outro título máis (o Gamper, digo). Mágoa que os Celtics non pasasen á final.

    ResponderExcluir
  3. E se non fose porque o Karl esta máis gagá ca o Maljkovic os Nuggets inda poderian facer algo...Morte aos innomeables de marelo de California!!!!!

    ResponderExcluir
  4. Jean De Brissac De La Motte20 de maio de 2009 às 11:11

    Sólo os falta que Bono y Manu Chao canten el himno al unísono en Roma ,que las camisetas os las patrocine Nandrolona y que el presidente negro super guay se os haga socio de honor.Ya tuvisteis a un Papa en esa tesitura. Enhorabuena a toda la izquierda caviar que ya puede presumir ahora de equipo de referencia y Glory, Glory Man United

    ResponderExcluir
  5. Pequeno e desclasado amigo belga,
    recibo mensaxe cifrado das Brigate Rosse:
    "Mireinos con calma, i as mans estendidas,
    Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
    I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
    Tranquila, esperando pola alba do día.
    I estonces... estonces, cumpreuse a xustiza:
    Eu, neles; i as leises, na man que os ferira."

    ResponderExcluir
  6. Hey, Jean, choose: Guiness or Espadeiro de Cabanillas.

    Diante d’unha cunca
    de viño espadeiro
    ...
    Espadeiro! ¡Espadeiro! ¡Ledo viño
    das noites mozas!
    Craridá d´estrelas...
    O aturuxo zoando nas quebradas...
    Mozos...Pandeiros...Un amor que empeza...
    Arumes das carqueixas e do trevo...
    De man en man, a bota carreteira...
    Unha cantiga ó pé dunha ventana...
    !detrás dos vidros, Ela!
    ¡Ou, espadeiro amante!
    ¡Ou, roxo e quente
    sangre do corazón da nosa terra!
    ¡Encende os corazós dos apoucados!
    ¡¡Prende lume nas almas, viño celta!!


    Oink! Oink Xabarín!
    :)

    ResponderExcluir
  7. Jean De Brissac De La Motte20 de maio de 2009 às 12:46

    Querido Breandán Ó Beacháin.
    Si os hubiesen pegado un tiro en la cabeza en Borstal..... Pero ya eran los tiempos de decadencia y debilidad. Y asi el Imperio se fue a tomar por culo.
    Una confesión. Que conste en acta que cada vez que escucho/oigo The Auld Triangle me alegro que no lo hiciesen. Bueno yo y todos los pubs de Eire en general y de Baile Átha Cliath en particular que se forrarón a tu costa.

    ResponderExcluir
  8. François de Montcorbier20 de maio de 2009 às 13:02

    Por que tanta inquina, amigo Jean, contra os alcohólicos con problemas de escritura?
    Mediante unha corda de dúas varas, debería saber o teu pescozo o que pesa o teu cu.

    ResponderExcluir
  9. Jean De Brissac De La Motte20 de maio de 2009 às 13:27

    No es inquina. Es envidia.
    En la primera, de mis afortunadamente visitas habituales a Baile Átha Cliath, me intrigaba sobremanera la profusión de fotos en cualesquiera pub al que mi dipsomanía me llevase, de un tipo gordo aferrado a una pinta, con la leyenda "Brendan Behan bebió aquí"
    Pero podian haberlo ahorcado en Borstal.Eso si.Después de obligarle a leer tu excelente La Ballade Des Pendus. Pena que este escrita en un idioma tan poco viril.

    ResponderExcluir
  10. Jajaja. Touché, Jean, ríndome.
    O meu reino por unha cervexa nunha barra scouser.

    ResponderExcluir

Comentarios