Arrombaran as palabras e as ideas na orxía triunfante do capital. Rematara a historia e conceptos como marxismo, anti-imperialismo, colonialismo eran termos connotados en negativo: atraso rancio, política demodé. Mesmo dentro da esquerda e do nacionalismo houbo quen abrazou panfilamente as trampas máis evidentes dos mercados: o europeísmo monetario contra a Europa social, por exemplo.
Mais velaquí que en ano e medio todo mudou. Estes días son especialmente reveladores, transparentes. As declaracións do presidente alemán (que forzaron a súa dimisión), os asasinatos israelitas de cooperantes, a xestión política da crise capitalista, ... Nunca tivo máis vixencia falar de anti-imperialismo e nunca foi máis visíbel a natureza verdadeira do grande capital.
Fronte á moi comprensíbel decepción e desapego dos cidadáns para coa política convencional, cómpre activarmos as potencialidades deste momento nos que a ferocidade capitalista queda a descuberto. Cada vez máis sociedade é capaz de ver que o rei vai nu.
Os artigos recomendabilísimos agólpanse en diversos medios. Eu propoño estes, dos que puiden ler:
Enric González (El País): Israel se asoma al abismo
Jose A. Pérez (Mi mesa cojea): El porqué de las guerras
Pierre Miró (El pobrecito veedor): Otra política es posible
Tamén dou conta de dous correos que me chegaron: un de aviso das concentracións de protesta que haberá hoxe en diversos puntos de Galiza pola masacre israelita e outro sobre unha campaña que xa anda circulando de boicote aos produtos dese país.
Pola miña parte, escribín isto para o Terra e Tempo dixital.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios