Documentais musicais

Grazas a Iago Martínez e a CCCP tiven ocasión de ver estes días tres documentais que non coñecía e que me apetece compartir convosco. Os dous primeiros son sobre o movemento que protagonizara a música galega dos 90, o moitas veces cuestionado e mirado con prexuízos rock bravú. Eu, que daquela era rapaz de instituto, lembro aínda a paixón coa que vivía a descuberta das diferentes bandas -grazas a Xermán e a Emilio, dos Skornabois, que nos subministraban cintas gravadas a Marcelino, Valoría e o resto dos de Foz- e como comprobaba con desalento a incomprensión e inxustiza coa que eran tratados por outros moitos grupos -especialmente nas cidades por parte dos que cantaban en español ou ingles- que os acusaban de politizados e institucionalizados (!) por cantaren en galego. A realidade era ben distinta: xustamente por iso, por cantar en galego e polo seu espírito punk e contestatario, o bravú careceu sempre de calquer caste de axuda oficial na Galiza da xerontocracia fraguiana. O auxe que viviron traballárona a pulso, e na realidade contar contaron só co apoio doutros espíritos libres da escrita -Manuel Rivas, X.M.Pereiro- e a TV -os creadores do Xabarín Club- . Mais o mellor é que vexades os documentais

Nor-noroeste. A viaxe bravú (1997)

Galiza bravú (2010)


O outro documental ao que paga moitísimo a pena dedicarlle o tempo que dura é o Synth Britannia, filme da BBC sobre o boom da música electrónica nos anos 80.

Synth Britannia


Que os desfrutedes!

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios