Calor abafante en SCQ. As rúas tomadas por pequenas peregrinacións de grupúsculos relixiosos integristas, decote con cura ou monxa na cabeceira. Os nenos, especialmente os nenos, dan repelús, co pelo relambido, os zapatos castellanos e o polo azul, no peito cosido o emblema da secta particular. Chegan con bastóns, vieiras e gafas de sol e mimetízanse deseguida co ambiente do españolismo futboleiro, eufórico, inocente só para quen decide ser parvo ou facerse. Dos locais, os máis pasan, bastantes desfrútano e outros -pode que os menos- cruzamos as olladas, sen coñecernos, case ás agochadas e entendémonos sen falar. Fanatismo nacional-católico con verniz moderno? Os fachas máis recalcitrantes fanse pallas cos goles dos cataláns para la Roja e os progres máis apampados teorizan sobre a España nova, plural e reconciliada. Na televisión, un polbo sobre un xeo. Fútbol ou política? Xa non quedan tabús: nin a bandeira rojigualda nin o Borbón que puxo Franco. Os símbolos son fundamentais na sociedade do espectáculo. A colonización avanza e moitos dos que se din nacionalistas galegos aplauden entusiastas, desde certa pose de desapego intelectual, elitista, cara o deporte e a súa capacidade de mobilización emocional. En Santiago, vive Ejpaña. Fuck off!, cuspimos. Temos a tarde punk.
Identifícome do comezo ao fin. Unha descrición tan brillante como, desafortudamente, certeira. Bufff...
ResponderExcluiro que eu che diga. perdestes a diplomasia toda. ben!
ResponderExcluirOnde fica SCQ ?
ResponderExcluirPra non ir,maiormente.
Santiago de Compostela
ResponderExcluir