Días da Malvarrosa



Nos cascos soaban Mr. Nobody de Sexy Sadie, o Loveless de Minema, Romance de Daily Planet e The girl with the northern soul collection, de Club 8. Eramos dous nun tren, camiño de Valencia. Xa contei a historia aos amigos até o aborrecemento. É das últimas cousas que lembro, dos CAF, ao ano seguinte decidín que sería boa cousa tamén estudar algo.


Chegoume unha foto polo facebook, do amigo Suso. Con ela volveron os Comités dos luns, as Asembleas e os Consellos de Cámpus dos mércores. Aínda debemos de andar por alí, pola vella faculdade de Xornalismo en Mazarelos. Os motivos? As mobilizacións das taxas, o plano de finanzamento plurianual, a apertura das bibliotecas de noite, ... Os nomes, centos. Luísa, Moncho, Paula, Serxio, Mónica, Marta, Marcos, Sabela, César e Tono, Paulo, Dani, Suso, Ana, ...


Eran días de primavera, de primeiro e luminoso verán. Fórono tamén alí, en Valencia, cos amigos de Lurgorri. Faltaba pouco, un par de meses ou así, para rematar o curso e ver arder cada tarde o ceu da Terra Cha, á volta do Ceao, no camión sen paquetes nin palés, pola recta de Vilalba., con meu pai. No camión soaba Juan Pardo, unha cinta de éxitos dos 70 e o Sangre española de Manolo Tena.



Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios