Keren Ann

Chegou a fin de semana, e con ela a maleta, o pen drive, o portátil, a axenda do que quero facer por Cavanardá. Cada fin de semana en Ribadeo repítese, con poucas variacións, un mesmo e gozoso ritual: o toco do Recuncho, as idas e voltas á Lodeira, o xantar dos domingos na casa, os xornais e La Comarca, as lecturas que teño tempo, as cañas en Pizzbur cos CSB. Á volta para Santiago, este domingo no Auditorio, agarda Keren Ann. Apetéceme vela, aínda que non lle teño escoitado case nada. Algunhas webs e algunhas críticas achégana a Emilie Simon, Beth Orton e mesmo Astrud Gilberto. Moito me parece. Poño o Spotify (que grande invento, de verdade!) e escóitoa mentres traballo. A min tamén me trae a Stina Nordenstam e a Feist, pero a verdade é que ningunha delas me resulta apaixonante. Quizais ao vivo cambie de opinión, veremos. Polo momento aquí vos deixo un dos seus videos no youtube, por se aínda vos animades a ir vela.

Um comentário:

  1. Your article is very smart.I love to browse your diary's posts everyday and that i got vast facilitate from your blog and developed a brand new app spotify wrapped you'll be able to check.Thanks for wonderful diary.

    ResponderExcluir

Comentarios