O impulso vivido nestes anos pola música galega foi máis que evidente. Ás novas posibilidades para a gravación e distribución dixital que ofrecían as novas tecnoloxías e moi especialmente Internet uniuse a existencia, por vez primeira, dunha verdadeira política musical orientada a facer visíbel o grande potencial creativo que no eido musical tiña e ten Galiza. Programas como o Aberto por Reformas na Radio Galega, programacións novas como a Rede Galega de Música ao Vivo, o ciclo Espazos Sonoros ou o circuíto 4 x 4, axudas como as convocadas para a difusión dos traballos discográficos e a realización de concertos e xiras fóra do noso país, proxectos de apoio á creación como a magnífica rede Nsaio e máis toda a intensa política de promoción exterior -desenvolvida baixo a marca Galician Tunes- dan boa mostra de que a música galega contou co apoio que merecía neste tempo. Mágoa que o cambio de goberno posibelmente trunque a consolidación que vivía o sector a nivel asociativo e empresarial e impida o deseño e aprobación do anunciado Plan Galego da Industria Musical. Mais todo isto ben a conto non por laiarnos de todo o traballo feito que agora queda sen continuidade, senón porque hoxe fixéronme sabedor de que en breve comezarán os concertos de grupos galegos no circuíto de salas de Cataluña, grazas ao acordo alcanzado neste sentido entre a AGADIC, Clubtura e a ASSAC. Os primeiros grupos que se beneficiarán do mesmo serán Samesugas e The Homens, do que vos deixo o seu magnífico videoclip Calamar.
Soando dentro e fóra

Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios