E como coda do post anterior, unha moi breve referencia visual aos irmáns vigueses dos Resentidos, os tamén míticos Siniestro Total. Os dous grupos compartiron aquel histórico Surfin´CCCP nos primeiros 80, e precisamente a través do blog CCCP dei hoxe cun mítico tema de Hernández, Coppini e compañía, Menea el bullarengue. Fixádevos en Antón Reixa bailando polo medio (si, o do chapeu) e en que o bar -o Kwai- é o mesmo que o doutro mítico videoclip resentido, Economía sumerxida. Punk galego dos que sempre tiveron claro que Vigo estaba en fronte a Nova York e que o atlántico era unha piscina.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios