Os Resentidos, máis vale ser que parecer

Na editorial do seu número de marzo, a revista musical Rockdelux daba conta dos grupos estatais que máis veces foran escollidos entre os mellores do ano do 1984 ao 2009. Entre os dez artistas que atendendo ese criterio resultaron ser os máis relevantes dos últimos vintecinco anos atopábanse Los Planetas, Sr.Chinarro, Fangoria, Nacho Vegas, Albert Pla, Radio Futura,... e Os Resentidos. A aparición na lista do grupo vigués sérveme de escusa perfecta para achegarnos novamente á súa traxectoria e discografía. Nunca houbo en Galiza un grupo tan influínte, orixinal, atrevido. Non ían de modernos, eran modernos, e desde o seu peculiar discurso artístico tiveron non só éxito de vendas e repercusión popular, senón que foron tamén vangarda a nivel de Estado e os seus discos –hoxe descatalogados- auténticas xoias que mesturaban con acerto letras de calidade con ritmos diversos e actitudes desacomplexadas. Na actualidade, porén, grande parte da mocidade galega e dos seguidores da música independente do Estado permanece alleos á súa música, realidade á que nada axuda a imposibilidade de mercar os seus discos -editados polo selo DRO Gasa e en formato vinilo-a través das canles habituais. Existen outras formas de poder escoitalos, iso si, mais iso non quita para que cada día se evidencie máis necesario que algún selo galego actual atenda o reto de reeditar a súa discografía completa. Mentres tanto, quédanos gozar da súa música e dos seus videoclips.

ROCKIN CHAIR


CAMARADA SITTIN´BULL


GALICIA SITIO DISTINTO

5 comentários:

  1. Prezado Xavier, ademais de sair en vinilo, DRO-Gasa tamén os tirou en cinta, de feito eu teño os casettes orixinais de "Fracaso Tropical" (coincido contigo no de que é o mellor disco pop-rock galego) e "Jei" coa súa inquedante portada. Mercáraos na miña adolescencia naquela mítica e desaparecida tenda de discos da miña cidade natal amurallada: RADIO RECORD.

    Alí gastaba as miñas primeiras pagas acumulándoas semanalmente en cintas e vinilos que levo demasiado tempo sen escoitar (o concepto "rebobinar" vai ser só coñecido por unhas poucas xeracións na historia da humanidade...): de Dylan DESIRE ou a BSO de PAT GARRET & BILLY THE KID, do Boss BORN TO RUN e BORN IN THE USA, estes dous dos Resentidos, A POR ELLOS Q SON POCOS Y COBARDES de Loquillo e moitos máis.

    ResponderExcluir
  2. Si, si, en cinta tamén, claro. Eu de feito tiña tamén unha deles, pero xa non sei nin onde acabou. Mercáraa de neno, porque lembro que no 87 ou 88 actuaran en Ribadeo xunto con Na Lúa nas festas patronais. Un día hei preguntarlle a Quico Paz Antón por se se lembra.
    Polo demais, vexo que temos algúns gustos coincidentes (Dylan, Loquillo, ...). Do Boss nunca fun fan, pero ultimamente todo o mundome di que o concerto de Donosti foi espectacular (tres horas e pico tocando con plena enerxía!).
    Dos videos que colguei, o Rockin Chair paréceme unha auténtica xoia, co tema da letra traducida e a referencia a Palestina. Grandes!

    ResponderExcluir
  3. Jao, jao jao, toma tomahawk! jao jao!

    ResponderExcluir
  4. Radio Record, mítica tenda Luguesa na que eu metía os fuciños nas caixas de vinilos coma un cabalo entresedado no bebedeiro... pouco queda que dicer dos máis grandes , e como presta velos entre a relación dos máis importantes na lista da rockdelux...

    ResponderExcluir
  5. camarada zimmer103, sempre é un pracer terte por aquí. onte á tarde fiquei emocionado cos veteranos da kale borroka que puxeches para empezar os teus recentes ouveos albinos...

    ResponderExcluir

Comentarios