Heldu nazazu

Noutros momentos foi a escrita, como hoxe é a música. Para poñer en off o corazón e durmir a tarde, baleirar o corpo de meses ennegrecidos, ou simplemente descansar. Penso no agotamento e na lucidez, na vida que se ergue ás seis da mañá. Luces de entrada de polígonos industriais, luns e fábricas de frío, faces respirando inverno á espera do autobús. O sabor do café non é o mesmo nos bares das estradas do norte, e arde nos dedos o sorriso das dependentas dos grandes almacéns. En rúas mexadas de laranxa, vermello e verde un novembro polar chove sobre os nosos ollos cansos. Desa terra medran palabras e cancións como flores tristes, gastadas polo tempo. Mais tamén un lene entusiasmo que se desfai na nosa boca.

11 comentários:

  1. Deberías adicar o tempo libre que te agarda a escribir algo. Con disciplina. Con traballo. Hai talento no que dis, mecago na cona

    ResponderExcluir
  2. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  3. O seu blogue está incluído na páxina RnB-Ribadeo na Bloguesfera/Ribadeo en la Blogosfera; na que figuran os blogues feitos en Ribadeo ou por ribadenses. Se vostede coñece blogues que cumpran unha desas dúas condicións, pregámoslle que nos informe.
    Se non ten inconvinte, agradeceríamoslle que incluira na súa blogue unha ligazón a RnB.
    Saúdos.
    Enderezo: http://ribadeoblog.blogspot.com/

    ResponderExcluir
  4. Grazas, Chami. A ver, non sei. Son máis de política e de poesía (ou sexa, paixonal e impulsivo) que de narrativa (disciplinado e constante). Prefiro aproveitar o tempo para ler, que de momento teño máis cousas por ler que cousas que contar.

    ResponderExcluir
  5. Agregado o dos blogs ribadenses no meu, Félix.

    ResponderExcluir
  6. Concordo con Adrián. E engado: a política e a poesía tamén esixen disciplina e constancia.

    O que está claro é que che sobra talento.
    Para ambas. É un pracer lerte.

    Un bico.

    ResponderExcluir
  7. Moita razón tes Adrián ( por certo,parabéns por esa crianza) Xavier ten que adicarlle un pouco mais de tempo a escreber, poesia ou que lle apeteza, que tamén pode ser por fases. Nesta seman de incesante traballo fago un descanso para ler e relaxarme coas tuas historias, xavier!! Xa ves apoios e case adeptos agardando a poder ler a tua primiera obra xa tes,e xa é algo!! Unha aperta!

    ResponderExcluir
  8. Moitos chuchos e moitas grazas polas túas palabras, Sonia. Non será para tanto, pero desde logo erguíchesme o ánimo esta tarde :)
    A ver se quedamos un día e organizamos outra noite "cubana" con Mati, Irene, Marcos, Cris e o resto. Podiamos facela no Leal e deixar encargados os mojitos...sempre o pasamos ben e temos conversas estupendas!

    ResponderExcluir
  9. E mil chuchos tamén Luisinha. A verdade é que saber que andades por aquí éncheme de ledicia, en serio. Esta finde vou a Ribadeo, non sei se andarás por alí. Se é que si xa quedaremos para falar de todo un pouco, desde a ApU aos amigos. Por certo, que aínda non fixen aquel post que che comentara sobre Guitiriz e a referencia que dela daban os viaxeiros ingleses que por alí pasaron no XVIII.A ver se mañá me poño...

    Sobre o de escribir, desde os tempos universitarios non o fago cunha mínima regularidade, e noto que os despachos entumeceron as miñas palabras, pero agora que terei tempo a ver se logro ir espertándoas...

    ResponderExcluir
  10. Por certo, Sonia. Temos pendentes varias quedadas do grupo, tamén a de Láncara!

    ResponderExcluir
  11. Apúntome á cea, á conversa e aos mojitos sen pensalo dúas veces.
    E pensándoo, tamén.

    O de Láncara sería estupendo. Eu ata mediados de xuño hei andar liada, pero podemos poñer a maquinaria a andar para a segunda fin de semana. A casa (e o forno e a augardente de guindas) están á nosa disposición.

    Mentres, tu sigue navegando no vento de cavanardá, que xa vas tendo seguidor@s que manter ;-)

    ResponderExcluir

Comentarios