Lonxe da luz branca de Lisboa que goza nestas horas meu irmán, aquí polo norte a tarde achegouse desacougada e resacosa. Decidín non estar, e puxen El desencanto, para afondar un pouco máis na treboada. Remateina fascinado e sedento, e lembrei que tiña pola casa un libriño de L.M. Panero, Así se fundó Carnaby Street, que nunca chegara a ler coa calma e o tempo precisos para remoer con xustiza cada palabra. Abro o libro pero decátome que desta tampouco vai ser. No youtube agárdanme Nacho, Christina e Nacho & Christina, turbios e sensuais coma sempre. Escoito repetidas veces as súas cancións e penso, por un segundo, en vestirme para saír ao día: gañarlle aos dardos a Riqui, ver o Barça contra o TAU, dar un paseo polo peirao. Ao final, nada.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios