Aínda coas imaxes de
Slumdog Millionaire na retina achégome de novo á súa magnífica BSO, e en concreto ao
Paper Planes de
MIA, canción rompepistas onde as haxa que recoñezo me ten enganchado. Canto á película, non sei sei lle pasou a máis xente, pero a min véuseme á memoria
Cidade de Deus, algún Tarantino e mesmo a mexicana
Amores Perros mentres ollaba a historia dos desherdados de Mumbai. Un filme
controvertido,
triunfador e
espectacular, que en calquera caso merece a pena ser visto.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios