Galego, actual, internacional. Descarga ao vivo!


En febreiro de 2008, La Habana celebraba a súa multitudinaria Feria del Libro, unha das máis importantes de toda a América e, sen dúbida, a máis populosa e popular. Galiza era o país, a cultura convidada. Con esa condición estivemos alá naquela altura un numeroso grupo de persoas, centradas na transmisión da vizosa realidade actual da cultura galega e procurando combater os desenfoques tópicos propiciados polo descoñecemento e os lugares comúns. Explicárase xa daquela desde a Consellaría de Cultura e Deporte que estes traballos de internacionalización non se entendían como meros eventos puntuais, senón como procesos máis amplos dos que os eventos formaban parte. O obxectivo final non era outro máis que o de posibilitar as descubertas entre creadores, o coñecemento mutuo e colaboración internacional dos nosos artistas cos de outros pobos e culturas do mundo. A Descarga ao vivo, o proxecto musical galego-cubano levado a cabo entre o Instituto Superior de Artes de La Habana e o Conservatorio Folque e Tradicional (hoxe A Central Folque), é un bo exemplo da materialización daquela liña de traballo. O espectáculo musical xorde dunha labor investigadora inicial, realizada por Ramom Pinheiro, sobre o papel e a importancia que os galegos e a música que levaran consigo nos tempos da emigración tiveran na evolución da música cubana. E a partir do estudo realizado, guajiras, habaneras, jotas, rumbas, muiñeiras, ...mestúranse nunha especialísima sonoridade atlántica e conforman un repertorio interpretado por un elenco de luxo.

Para as e os que non tivestes ocasión de marabillarvos co espectáculo no Teatro Mella de La Habana (que supoño seredes a maioría) a boa noticia é que un ano despois o espectáculo viaxa a Europa, e estará tres días en Galiza: o 23 de xullo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o 25 de xullo no Festigal (Campus Sur) de Santiago de Compostela e o 30 de xullo no Teatro García Barbón-Caixanova de Vigo. Para máis información podedes consultar o seu myspace.

3 comentários:

  1. Y después de disfrutar del folk se fueron todos felices a votar democraticamente.Ah,se me olvidaba. En Cuba no pueden hacerlo porque es una dictadura.

    ResponderExcluir
  2. O cebo non vai coller peixes. Están todos escoitando as magníficas cancións da Descarga. Os interesados na política cubana están con Fraga, lembrando cando Don Manuel ía abrazarse a Fidel. Por certo, daquela non sei a que ían, porque o que era a levar cultura galega desde logo non...

    ResponderExcluir
  3. Localización: Aeropuerto de Vigo (Galiza). Dos personas charlan en un banco, uno de ellos es gallego y el otro cubano Y a esto que le pregunta el gallego al cubano- ¿Qué, cómo os va por allí, por Cuba?- y el cubano le responde- No nos podemos quejar. A esto que el gallego sorprendido le responde - ¿Entonces se vive bien?- y el cubano le responde- No, no, es que no nos podemos quejar...

    ResponderExcluir

Comentarios