O sabor do verán

Gardo na memoria o sabor dos primeiros días do verán. Saben -non é discutíbel- a Drácula de Frigo, posibelmente o mellor xelado do mundo cando un ten oito ou nove anos e poucas pesetas no peto como para gastalas en ostentosos cornettos (cousa de maiores). Por suposto hai algúns compañeiros respetábeis: os twister, os calippo, mesmo os popeyes se me apuran. Nunca fun de frigodedos nin frigopiés. O verán, créanme, sábeno coma min, sabe a Drácula. Poucas experiencias tan gozosas, poucas que se graven na memoria dos sentidos dese xeito. Quizais o primeiro beixo con lingua, quizais o pracer de ollar Audie Norris e David Wood masacrando o Real Madrid do 90/91. Esaxero, seino. Seguramente o de Norris sexa mellor. Pero en fin, todo é discutíbel diante dunhas cañas nunha terraza de verán pontevedresa, ou ribadense. Todo agás a vivencia inesperada dunha infancia que volve silenciosa, da man do sol dunha tarde que se pousa nos beizos e sabe a lambetada, a calma, a descanso, a xelo de cola por fóra e vainilla e fresa por dentro.

19 comentários:

  1. Os Twister son moito moito mellor que os Drácula

    ResponderExcluir
  2. eu sempre fun moito mais dos Villacampas, Jofresas e Colajets... pero como sofria con aquelas final-fours daquel Barça tan impotente ante a infalibilidade balcánica!

    ResponderExcluir
  3. Eu de Frigopié de toda a vida... pero sobre todo das Panteras Rosa de Avidesa, unha marca de xeados que xa hai ben anos que non vexo por aí.
    Nótase que o rosa é unha constante na miña vida ;)

    ResponderExcluir
  4. ostras pedrín! como se me puido esquencer o colajet!. 100 tiros libres de castigo!! boísimos, desde logo.

    Avidesa, si, que recordos! En Ribadeo creo que os tiña o Bar Italia (que xa non existe)...

    ResponderExcluir
  5. Eu de Avidesa surtíame no bar de meus tíos en Foz, que todos os anos nos daban unhas cantas caixas para a casa :)

    E o Mikolápiz, de Miko, tamén tiña o seu aquel, con aquela mina de chocolate duro que non remataba nunca.

    ResponderExcluir
  6. E aínda lembro a graza que nos fixo a meu irmán e máis eu cando fomos de viaxe a Portugal e descubrimos que os xeados "Frigo" alí chamábanse "Olá"!!!

    ResponderExcluir
  7. El Pirulo de Miko, el Calippo y el frigo dedo para que las niñas entrenen desde pequeñas.

    ResponderExcluir
  8. Marqués de Sade, como é lóxico anda vostede falto de "finezza". Nin Berlusconi coas súas velinas chegaría a tan altas cotas de machismo nos seus comentarios. Non llo teremos en conta, sabemos que a axitación provocadora latexa ardorosa no seu corpo.

    ResponderExcluir
  9. ribadensismo. igual que "ser un escarcha" ou "xa chegaron os mandrileños".

    ResponderExcluir
  10. Ahora a la educación útil le llaman machismo.....

    ResponderExcluir
  11. O mikolapiz era moi superior. A posibilidade dun mikopremio podía con todo.
    E que vivan Audie e Wood, pero, sobre todo, Montero

    ResponderExcluir
  12. Montero.Si señor.Number One.
    Aún me acuerdo de su entrada kamikaze a canasta, en Paris. Aquella que en 1996 nos dio a todos los culés nuestra primera Copa de Europa en basket.Con dos cojones.

    ResponderExcluir
  13. Solozábal Costa Galilea3 de julho de 2009 às 14:15

    aí, aí, alguén que se atreve de verdade a furgar na ferida histórica do baloncestismo culé...
    en serio, non era para matalo?
    que momentos lamentabeis cando os pivots non ían ao rebote nos tiros libres para que collera confianza...

    ResponderExcluir
  14. Nellie The Elephant3 de julho de 2009 às 19:04

    Aguas del siglo XX no mueven molino.Un Dracula de recompensa y escribimos en la pizarra: Sólo Una Copa De Europa, Sólozabal Una Copa De Europa,Epidermis aguda......Sibilinamemente....Norris nos oye.....Trumbo Elefante.......

    ResponderExcluir
  15. Calumnias, Montero, non lles fagas caso. O que pasa é que quererían ter o teu monedeiro

    ResponderExcluir
  16. A verdade é que coma verdinegro nunca me fodeu en exceso a traizon de Montero marchando ao Barça xa que foi chegar e desinflarse a eterna promesa. De feito, en números reais saiu gañando a Penya quitándolle a Ferran Martinez ao Barça.

    ResponderExcluir
  17. Ferrán, pedazo de pivot ladrón apostado na liña da tripla

    ResponderExcluir
  18. Galilea Lisard Paraíso8 de julho de 2009 às 01:21

    canta saudade se percebe por estas pistas! Para pivot -e sobre todo sex simbol e guapito de cara- Muresan.

    ResponderExcluir

Comentarios