Sumando gañaremos
Queremos +G. Para o século XXI e os vindeiros. Compartimos obxectivos e non podemos permitirnos antepoñer os matices individuais ou grupais -lexítimos e ben intencionados, sen dúbida- á necesidade histórica, á responsabilidade colectiva. Falo da lingua, claro. Onte houbo tres iniciativas a un tempo: a reunión dunhas 30 persoas no local de Berrobambán arredor dunha proposta concreta -Marcha pola lingua- convocada a iniciativa de María Reimóndez, o manifesto Galego, patrimonio da humanidade e a proposta de Iniciativa Lexislativa Popular que fixeron públicos Manuel Bragado e Antón Baamonde, a convocatoria desde a Mesa pola Normalización Lingüística dunha reunión aberta para o debate e a constitución dunha Plataforma Social polo Galego... Pero hai máis: os músicos están promovendo iniciativas sectoriais propias, hai colectivos de persoas colaborando desde blogs compartidos, nos centros de ensino a enquisa-trampa do PP mobilizou e espertou sensibilidades até este momento nunca posicionadas -mesmo de moitos profesores non galegofalantes, que tomaron consciencia do acoso que padece a nosa lingua-... Cómpre xenerosidade e intelixencia, e haina, seguro. A necesidade é unha evidencia, todas e todos o temos en mente: a creación dunha plataforma ampla, aberta e plural en defensa da convivencia lingüística, a igualdade de dereitos e a normalización do galego, na que podan confluír todas as iniciativas parciais que foron xurdindo neste tempo e participar e sentirse cómodas todas as persoas e colectivos interesados. Esa plataforma pode traballar no plano práctico, con actividades e propostas orientadas á acción sociocultural de base. Mais tamén debe, desde logo, xerar desde esa posición un novo discurso e novas estratexias para unha situación que é tamén unha oportunidade para a lingua. Temos que ser quen de aproveitar o momento para repensar e adaptar as nosas mensaxes, remontar e gañar a batalla da linguaxe e dos discursos sociais, actualizar os métodos e implicar sociedade. É tempo de mudar as accións reactivas por unha estratexia nova que nos faga retomar a iniciativa social. Confío en que así será, non se me pasa pola cabeza outro escenario diferente. Nós tamén, comezamos. Somos máis, e sumando gañaremos.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Estou completamente de acordo co que dis. A reunión que convocou a Mesa, ou calquera outra que se acorde, poden ser bo momento para poñer en común todas as iniciativas e articular un movemento amplo estilo Nunca Máis, pero pola lingua e no que apliquemos o que -para ben e para mal- aprendemos daquilo.
ResponderExcluirF.Q.
GALIZA ÜBER ALES ¡
ResponderExcluir