A noite medra confusa, pasea polo Valente das Siete representaciones, detense en vellos exemplares d´A Nosa Terra cando A Nosa Terra era outra cousa (Dille berce ao inimigo). Manoel Antonio agallopa agallopa cabalo novo, ponse courelián do Novoneyra, érguese encol con Ferrín da serra de Outes, ábrenos o estómago coa navalla do fulgor: "Abonda apuntar de pasada a labor antipatriótica, disfrazada de patriotismo, d´os que fan a cotío a loubanza dos ineisistentes méritos de algúns dos nosos artistas, escritores e inteleutuais, contribuindo a crear unha opinión de nós ausolutamente infundada e que no intre de contrastarse c´a realidade trocarase n-un desengano burlesco pra todos e deprimente pra nós. Un arte racial, unha cultura propia hai que creal-os e non abonda con invental-os." A noite déitase nos peiraos, descarga fusta al moll con Salvat Papasseit, embebédase de absenta con Alejandro Sawa. Chama polo móbil e decido contestar. Acompáñoa de ritmo lento, de fiestra para o mar, de músicas e miradas. Pedimos cervexas negras no Recuncho, reggae, punk-rock e dub de calcetíns brancos, versos nas portas ou enriba da herba verde da Inglaterra de comezos dos oitenta: bailas e faisme libre, pousou Uxío no cordel do funambulista. En el espejo se borró tu imagen. No te veía cuando me miraba. Prende lume nos 90 J.A.Valente. Pedimos unha outra Guiness? Pedimos, claro. E a noite canta, de ollos erguidos, Fanny & Alexander, Ataque Escampe, Norte do Alén.
"Dille berce ó inimigo"...
ResponderExcluirXavier, non podes citar ese verso de Ferrín e omitir o seguinte. Que o faga un tipo de Laro, vale, pero un de RibadeU... pois fágoo eu por ti:
"Dille berce ó inimigo, e veralo esmaciar. /
En Patria río hai que chega a ser chamado Eu, ou qué."
Sempre digo que se eu fose de Ribadeo faría unha camiseta con ese verso na táboa do peito e andaría por aí máis inflado ca un marqués. Pero eu son de onde son, e terei que botar man de Chus Pato, que nos cita ós da miña estirpe, e tampouco está nada mal.
Moito nos queren estes das Redes Escarlata...jeje. Si, si, lembraba o verso, que é precioso, e si que se presta para a camiseta, si. Todo é poñerse co tema, non vaias pensar. Púxeno porque había unha columna nas páxinas de cultura d´A Nosa Terra que funcionaba a modo de editorial (era opinión sen asinar) e levaba ese título. Adoitaba ser brillante e comprometida. Moitas veces facíaa unha amiga miña, así que se dixen algo que non era, tamén pode corrixirme.
ResponderExcluirApertas!
Alejandro Sawa!: "Jamás hombre más nacido para el placer fue al dolor más derecho"
ResponderExcluirCompañeiro, os anónimos son sempre anónimos. Grazas, de todos xeitos, por presupoñer e por levarme a un tempo que boto de menos e que sei irrepetíbel. Bicos
ResponderExcluir