Galician Tunes. A música galega a gañar o mundo.
Dou conta no blog dunha reportaxe da publicación World Music Central sobre a música folque e tradicional galega. Como se verá lendo a mesma, queda aínda moito por andar para conseguir un recoñecemento preciso e merecente de tal nome -afastado de tópicos e folclorismos- para a nosa identidade cultural e musical fóra das nosas fronteiras. O camiño encetado en 2006 coa posta en marcha da plataforma Galician Tunes revélase imprescindíbel, e a presenza dos nosos artistas e empresas nas principais feiras e eventos do mundo unha das vías primordiais para asentar a imaxe de Galiza como potencia músical no imaxinario colectivo. Cómpre acadar unha internacionalización da nosa creatividade pensada desde a vontade de manter sen desfigurar os nosos símbolos de identidade, o noso perfil de pobo creativo no que conflúen os aires atlánticos da lusofonía, o celtismo e as músicas portuarias da emigración e se fusionan cos ritmos propios e máis tradicionais. Temos talento -somos un pobo de artistas! diría o compañeiro Xurxo Souto- e calidade para darlle ao mundo, e o mundo -como ben dixo onte Fernando Pérez-Barreiro Nolla na entrega das medallas Castelao- reclama a nosa singularidade.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Estiven investigando por esa web hai un ano para un proxecto académico que tiña e gustoume moito a súa concepción, como ti dis afastada de folclorismos. Un detalle: cando abro a web principal (www.galiciantunes.com) sae a versión en inglés, pásalle así a todo o mundo por defecto ou é a min por estar en Inglaterra? (que conste que tampouco me parece mal que a versión por defecto sexa a inglesa)
ResponderExcluirA verdade é que está ben comprobar que segue en activo o portal, eu pensaba que xa acabarían con el ou lle terían dado una man de chapa e pintura radical :P
Non, sae en inglés adrede. Pensouse como unha ferramenta para a exportación, dirixida a non galegos, por iso. Do outro, eu tamén o pensaba e penso. Veremos...
ResponderExcluirPor certo, a referencia que fai aos discos que lle chegaron non é gratuíta. Chegáronlle porque houbo quen llos puxese nas mans, a ela como a moita outra xente, desde Galician Tunes e a Consellaría de Cultura anterior. Sábeno ben Olga, Roberto, ...
ResponderExcluirEu creo que o futuro vai ser de novo o dos tempos da Casa da Troia: "galician tunos".
ResponderExcluirSuso
Cuantos recuerdos gracias al último post.
ResponderExcluirLo malo fue que la portada de la primera edición se la encargarón al Castelao ese del que pusiste ayer el video necrófilo.Y de vuestra música gallega el que más me gusta es el gaitero que se apellida Hevia.
Padece vostede de asincronías e incorre en anacronismos, señorito Gerardo. Aínda así, sabe que conta co meu amor para os séculos...
ResponderExcluirHevia é asturiano, non galego, "señorito Gerardo".
ResponderExcluirSaúdos
Suso
¡Qué lamentable error!. Es lo que tienen los músicos de la periferia, me los confundo a menudo.Pero ya me informé bien en "La Razón" para no volver a equivocarme. Mis músicos gallegos favoritos son : Julio Iglesias y Kepa Junkera.
ResponderExcluirSaludos a todos desde la capital.