Volta atrás



Volve Florentino, disposto a mercar o éxito a calquera prezo, disposto a patrocinar o ceo dos seres superiores, disposto a comprar a gloria, o fracaso, os xogadores de futbol, as súas imaxes, a herba do campo onde xogan, o cariño dos seareiros, os xornalistas deportivos, os bocatas dos descansos dos partidos, a repetición dos goles nos telediarios, as latas de cervexa diante do televisor. Disposto a compralo todo. Mesmo a ilusión dos madridistas en paro. A cultura do triunfo que asoballa, do diñeiro enriba da mesa, do todo ten un prezo e eu podo pagalo. Volven Florentino e o circo e a beutiful people á primeira liña do fútbol, pero hoxe había madridistas que tornaban os ollos e baixaban a cabeza. Non teñen por que, o Madrid é un clube grande, e eles non teñen culpa desta obscena cultura da ostentación e da estridencia, que debería ser obxecto dunha fonda análise imagolóxica.




1. http://www.elcorreogallego.es/popImprimir.php?idWeb=1&idNoticia=436565

2. http://galicianrightswatch.wordpress.com/2009/06/09/manifesto-contra-a-censura-na-rg-e-a-marxinacion-da-musica-galega/

3. http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/06/05/0003_7764237.htm

4.http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nueva/TVG/cancela/reportaje/vacas/locas/elpepiautgal/20090603elpgal_1/Tes


E volve o PP, a súa versión máis extremista e galegófoba, a súa liña máis agresiva e neocon. Este non é aquel PP -tamén infausto, tampouco inocente- dos caciquiños de ración de polbo nas festas do verán, das romarías de Monte Faro co ínclito Baltar insultando co trombón, de Don Manuel randeando de lado a lado e exercitando penosamente a autoridade, de Cuiña situándose nos límites da autodeterminación. Non, este PP é o triunfo da dereita máis reaccionaria, máis españolista -cun odio patolóxico á nosa lingua, á nosa cultura e a todo o que representamos- e tamén máis perigosa e intelixente. Capaz de gañarnos nas urnas e de gañarnos nas rúas, capaz de avanzar na batalla das ideas. Tócanos ser humildes, recoñecer a derrota, poñer o contador a cero e aprender dos nosos erros: moitos, graves, históricos. Porén, non sexamos derrotistas: desde a unidade interna, cunha análise correcta e profunda da realidade actual, unha volta ao traballo social e de base e unha adaptación intelixente do noso discurso poderemos avanzar de novo. Cómpre erguer o ánimo e aproveitar este tempo: propoño para este verán unha leitura suxestiva, interesante e, coido que no momento no que estamos, case que para nós imprescindíbel: Lakoff e o seu No pienses en un elefante. Superade os prexuizos e animádevos a lelo.

6 comentários:

  1. Cristiano tenía que haber fichado por los leones del Bilbao. Ya estuvo con los del Sporting. Le va el circo.Se le nota. Va a ser cierto que hay jugadores que nacieron para jugar en el Real Madrid.

    ResponderExcluir
  2. Gracias por citarme.
    Te invitaré a unas estrellas en el Gayoso. Soy tan progresista que me voy a ejercer de periodista a Lugo.

    ResponderExcluir
  3. jajaja, mellor na tasca do Gregorio na praza da pedreira

    é vostede un pouco progre, si, pero imos perdoarllo e recoñecer que algunhas cousas das que di son ben interesantes, a pesar dos seus devaneos zapateriles

    e do meu compatriota non me di nada?

    ResponderExcluir
  4. Le cedo la paz y la palabra a Hugo Dyserinck para hablar del luso. Yo que soy tan iluso.

    ResponderExcluir
  5. Aínda sabendo que me vai caer algunha pedrada, digo: E a ese tipo non se lle ocurriría ningunha compañía mellor para celebrar a súa fichaxe ca Paris Hilton?

    ResponderExcluir
  6. Quien esté libre de pecado que lance la primera piedra

    ResponderExcluir

Comentarios