Sempre resulta dalgún modo especial, encolle o estómago, propicia unha mirada diferente. Aínda a pesar da consciencia de levar tempo xogando nos minutos da basura, que diriamos os amantes do baloncesto. Estas son as últimas horas dunha etapa que chega á súa fin, vivida intensamente, de forma feliz e apaixonada e complexa. O tempo fará que os feitos se acomoden ás nosas lembranzas, á nosa memoria selectiva. Mais nos ollos fican as pegadas de tanta ilusión, orgullo, amizade. Dos nervios da primeira viaxe cara Compostela, coa Havaneira de Ribadeo soando no coche, a hoxe, que volvo ás ribeiras de Cavanardá para pousar nos meus a conversa e o amor. Para o descanso, a fondura, o coñecemento, as orixes. Non só non perdemos a ilusión, senón que sabemos máis ca antes. Aprendemos, somos mellores. Cremos en nós e nos nosos, e volveremos.
Boa nova xeira. Foi un pracer compartir algunha que outra asistencia no terceiro cuarto do partido. Disfruta dos aires de Ribadeo que che servirán para sanar a túa saudade, que creo que en Santiago sempre andabas coa cabeza escorada cara á Mariña.
ResponderExcluirVémonos aquí e alá. Cando volvas, e antes.