A música galega, a debate no Festigal


Este venres 24 de xullo ás 13.00 horas e no marco do Festigal celebrarase unha charla-coloquio sobre a situación que vive actualmente a música galega e os retos que deberá enfrontar no futuro máis inmediato.

Para abordar a cuestión estarán presentes Xurxo Souto, Alberto García e Nuria Pérez, e seguramente tamén entre o público boa parte dos profesionais das empresas do sector e numerosos artistas do noso país.

Ficades convocados e convocadas a esta actividade, da que podedes atopar máis información na web oficial do Festigal, buscando na sección Galería das Ideas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios