O puño erguido

Claro que existen izquierda y derecha. Y la primera es moralmente superior, porque pelea por un mundo más justo, más libre y más igualitario.

Claro que existen una España y una AntiEspaña. Y la primera es moralmente superior, porque respeta la realidad plurinacional del Estado y busca una convivencia pacífica de todos los ciudadanos.

Claro que existen laicismo y yihadismo. Y el primero es moralmente superior, porque no pretende sacrificar a los hombres en el altar de dioses inexistentes.

Claro que existen República y monarquía. Y la primera es moralmente superior, porque las urnas deben imperar siempre sobre la genética.

(tirado do blog La trinchera digital, de Manuel Rico).

Hai días nos que te ergues e ollas vómitos de bosta cheirando desde os telexornais. Hai días en que un señorito do Casino de Pontevedra decide que hai que dar un paso adiante na estratexia da confusión, da insidia, do insulto. E decide cagar pola boca e encher de merda a memoria da dignidade do século XX. A memoria e os símbolos das ideas progresistas, que fixeron avanzar a humanidade: dereitos humanos, dereitos dos traballadores, emprego digno, seguridade social, sanidade e educación universal e para todos, igualdade entre homes e mulleres, non discriminación por motivos de raza, relixión ou sexo, defensa da paz e da xustiza, ... Anda envalentonada coma nunca esta dereita montaraz de Jiménez Losantos e Intereconomía, a dereita que goberna o PP e lle escribe o discurso social e político ao señorito pontevedrés. Anda como sabe, como é: servil cos poderosos, maiordomo dos intereses alleos, acomplexado no moral, neoliberal no económico. Unha dereita que, a nivel global, aproveita a crise económica mundial por ela mesma provocada para receitar máis do mesmo. Na sociedade do espectáculo non é posíbel poñerse do lado dos humildes, o único eticamente defendíbel, sen ser obxecto da burla e o ataque das variadas e diversas voces da ditadura informativa dos aparatos mediáticos -todopoderosos, globais, subtilmente totais e totalitarios, sen antagonismos ao seu nivel- do poder capitalista. Aínda así, hai cada día máis e máis persoas que, neste planeta noso que compartimos, toman consciencia de que a economía debe estar ao servizo das persoas e non as persoas da economía, de que a sanidade, a educación e a vivenda son dereitos básicos sen os cales ningunha democracia é digna de tal nome ou de que un sistema sociopolítico no que a riqueza se concentra na man dun pequeno grupo de oligarcas mentres unha grande maioría da sociedade vive na pobreza esixe dunha mudanza radical dos seus fundamentos. Iso é no mundo, e iso representa, a esquerda do puño pecho e erguido cara o ceo, que canta a Internacional en todas as linguas e lugares. Rosa Luxemburgo, Nelson Mandela, Ho Chi Minh, ... A catro días do aniversario do golpe de Estado financiado desde Estados Unidos que un 11 de setembro de 1973 asasinou ao presidente electo de Chile, Salvador Allende, e puxo no seu lugar ao criminal Augusto Pinochet, cómpre poñer os puntos sobre os is cando a dereita máis reaccionaria das últimas décadas se atreve a lixar a nosa memoria e os nosos símbolos. Unha vida digna para toda a humanidade é posíbel e é necesaria.

2 comentários:

  1. Ejemplos: Rosa Luxemburgo, Nelson Mandela, Ho Chi Minh ( El que trae o porta la luz
    ¿ Fenosa? .
    La pregunta es: Para ser de izquierdas ¿Tienes que haber sido presidiario ?
    Os veo en peregrinación hacia A Lama o Pereiro de Aguiar.

    ResponderExcluir
  2. el papel de los escritores no está en suscitar crisis morales o intelectuales más o menos graves o generales, es decir, en hacer la revolución “por arriba”, sino, al contrario, en hacerla “por abajo”. Cavanardá olvida que no hay más que una sola revolución: la proletaria, y que esta revolución la harán los obreros con la acción y no los intelectuales con sus ‘crisis de conciencia’”

    ResponderExcluir

Comentarios