Think for a minute

Nove de nove. O soul pop dos Redskins enche de rabia e de ritmo o coche por Cavanardá. O último baño do meu verán, que hoxe remata. Chove - barruza, en verdade- e o longo areal do primeiro Reinante esténdese en marea baixa ata o comezo da néboa, por riba da agreste e perfumada liña de costa. É fermoso contemplala desde dentro da auga, fermoso sentirse deste sitio, irmán destas rochas e marés. A estas horas, máis ou menos, chega un galés taciturno de Lavacolla a Stansted camiño de Oxford Street, cruzando unha franxa horaria inexistente. A nosa -vexan os mapas- debería ser a mesma que a de Londres, Dublín, Porto ou Lisboa. Só as obsesións do centralismo españolista negan tal evidencia. As obsesións contrarían en moitas ocasións a realidade e modifican a mirada en función dos intereses: non faltan os que se negan a cumprir a lei e manteñen rúas dedicadas a militares golpistas da Ditadura mentres piden en Euskadi, con non sabemos que lexitimidade moral, a retirada dos edificios públicos e privados das fotos dos presos da ETA. A calma e a paz da Area Longa enxértame a pel de abrazos e dáme solaz e calma, lonxe da galbana e da desidia. Un chucho que me limpa, uns ollos que me beben a chuvia dos beizos. Chego á casa animado, contento, e novas na Rede contribúen a encherme de enerxía. Primeiro, a reedición do disco de debut dos Housemartins, London 0 Hull 4, de quen escribe Kiko Amat "uno no puede hacer caso de la ironía automenospreciativa que exhibían: The Housemartins eran grandes. Uno solo tiene que escuchar el álbum de debut, London 0 Hull 4 (1986): ingenio, energía pop (Undertones, The Jam) pero sensibilidad soul y gospel (Al Green, "early" Motown), potencial para el hit, sencillez, pasión, elegancia modernista-casual (Gabiccis, Fred Perrys y Pringles), humor fino y -al contrario que los llorones de Manchester- mucha rabia política." Segundo, o novo libro de Slavoj Zizek en Paidós, Sobre la violencia. Seis reflexiones marginales. Di del Victor Lenore en Rockdelux: "El mérito principal de este libro es su claridad para mostrar que la violencia que vomitan cada día los telediarios (terrorismo, terremotos, sucesos) es el mejor truco de magia posible para esconder la violencia objetiva sistémica (la jungla laboral, las relaciones de dominación internacionales, el nulo control a billonarios globales)". No libro pregúntase Zizek, desmontando o discurso progre do multiculturalismo, "por que hay problemas hoy en día que se perciben como de intolerancia en vez de desigualdad, explotación o injusticia?". E terceiro, a claridade coa que Óliver Stone se despachou contra El País mentres presentaba en Venecia a súa nova película documental, South of border. O xornal español de Prisa, pouco afeito a que alguén se atreva a tusirlle na cara, xa respondeu cunha nova editorial, que en nada diverxe da súa habitual liña de ataque furibundo aos gobernos democráticos de Venezuela, Ecuador, Bolivia e demais nacións onde triunfou a esquerda popular latinoamericana. A tendencia de Chávez á sobreactuación e ao exceso verbal non poden ser excusa para non ollar con ollos limpos de prexuizos -na maneira en que sexa posíbel- este filme do director norteamericano.



7 comentários:

  1. Hai tempo que teño unha pregunta gardada e hoxe decidín facela ca esperanza de ter resposta: ¿A qué obedecen os títulos dos post en língua inglesa?
    Unha aperta.

    ResponderExcluir
  2. La evidente radicalización de este blog hacia la extrema izquierda me tiene francamente preocupado.Que un joven con talento adopte y haga proselitismo de opciones vitales incompatibles a todas luces con una sociedad higienicamente democratica es alarmante.Con escribir una entrada hagiográfica acerca de Susan Sontag hubiese cumplido la penitencia.Lo próximo, me temo, puede ser una oda a Stalin al más puro estilo del peruano Vallejo o una justificación del régimen de Pol Pot.

    ResponderExcluir
  3. Olá Félix,

    o Cavanardá anterior non era eu. Temo que algúns dos amigos pontevedreses, como o do outro heterónimo (Brissac de la Motte) fosen os "culpábeis". En realidade soen ser títulos de cancións, que poño no idioma no que están. Esta, por exemplo, é unha das cancións máis coñecidas de Housemartins. Non hai ningunha razón máis alá, podes crerme. No caso de This is Bon é pola filias liverpoolianas de varios des seguidores do blog, que adoran o This is Anfield dos vestiarios do equipo inglés (con razón, por certo). mais en xeral, xa digo, se o título está en inglés é por ser o título dalgunha canción que relaciono co post. Apertas grandes!

    ResponderExcluir
  4. Excusatio non petita, accusatio manifesta.
    Ideas idiomáticas para próximos títulos: El polaco - Por eso-, el ndebele, sesotho, sesotho sa leboa, setsuana, suazi, tsonga, venda, xhosa, el zulú - Por Mandela-, el kurdo - para las resacas- y el palestino - Que voy a decir yo-.

    ResponderExcluir
  5. Xavier,
    Ás veces si que identifiquei o título cunha canción e outras non; mais o meu coñecemento da produción musical é relativa.
    Unha aperta.

    ResponderExcluir

Comentarios