Zaindu maite duzun hori

Opinións sensatas, de plena confianza,
sobre o noso pobo.
Pola mañá e pola tarde falando
do noso pobo.
A min tamén me gustaría
ter certezas semellantes
mais, o que son as cousas!,
as contas non me saen tan ben.
Menuda sorte
a deses que son de calquera sitio!
Por enriba de todas as silveiras
pasan voando.
Ninguén me dixo
que dificil era ser euskaldún,
nin que máis me valía escoller
ser "ciudadano del mundo".

Gustaríame cantar
cancións suaves,
coma o sol para aqueles
que están á sombra.
Coida aquilo que ames.

Dixéronme:
Como andas con asuntos de amor?
A convivencia en xogo
e ti con versos pequenos!.

Gustaríame cantar
cancións suaves,
coma o sol para aqueles
que están á sombra.

Coida aquilo que ames.
Coida aquilo que odies.
Cóidao.



Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios