Neve

Un edredón de neve arroupou Compostela e devolveu a palabra ás súas xentes. Dá gusto sorrirse cos ollos, falar e dicir sen coñecerse de nada, compartir unha complicidade case infantil mentres te esforzas por manterte en pé a cada paso. Dá gusto, si, esta conversa que xorde sen motivo, quizais do calor do bafo dos paseantes, ou da ollada agarimosa a quen anda perto de esvarar e caer -teña coidado que hai moito xeo!-. Dan gañas, desde logo, de facer cunca das mans arredor dun colacao ou dunha bóla de neve, e partillar miradas fuxidías e felices, en calquer paso de cebra, á saída de calquer portal. Se estiveras aquí, iríamoslle tomar algo ao Roslyn´s café, para ler a Rivas e Novoneyra desde a neve -tamén coureliá- de Cicely, Alaska.


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios