O 2009 deixou, no musical, discos que só co tempo saberemos valorar como se merecen dentro da historia da música pop en galego -si, si, tranquilos, dígoo en sentido amplo, para entendérmonos-. Diversas publicacións dixitais e críticos coincidiron en sinalar o Chorando apréndese do ourensán Emilio José como un dos traballos máis relevantes dos pasados doce meses. Ao carón del, eu situaría A grande evasión dos Ataque Escampe, o Alfaias de Fanny & Alexander e o Cuarta potencia de The Homens. Mais, para alén dos discos, aledoume especialmente a aparición no 2009 de novos e interesantes videoclips, xénero polo que profeso devoción -como simple consumidor de músicas -e que resulta hoxe de grande importancia á hora de dar maiores posibilidades de difusión -e desfrute!- ao traballo de moitos grupos. Foi fantástico, nese sentido, poder gozar de clips coma o Quedamos nesa praza de Som do Galpom, Europa e o ballet de Ataque Escampe, o Farto Remix de Lamatumbá ou o Setecentos de Fanny & Alexander, que viñeron unirse na memoria a traballos de anos anteriores (o Calamar de The Homens, o Kommies da Banda de Poi, o Camiños de Lamatumbá ou o Xigantes dos Ruxe-Ruxe, por exemplo) e desde logo á permanente lembranza na retina dos estupendos videos da época "resentida" (lembremos Economía Sumerxida, Galicia, sitio distinto , Rockin´ chair ou Galicia Caníbal). Agardamos para 2010 máis vizosas e fértiles colaboracións entre os creadores do audiovisual e da música galega, e mesmo algún proxecto -institucional ou non- que fomente e estreite a relación entre os dous ámbitos, como sabemos que había idea no seu día -co anterior goberno, queremos dicir- desde os responsábeis da AGADIC e da Axencia Audiovisual Galega. Entre tanto, escoitemos, vexamos e acurtemos as distancias.
Esquencinme de incluír aos Samesugas, "Muito para ti"
ResponderExcluirhttp://www.youtube.com/watch?v=amvjHFgB-OI
A ti gústache este video porque sae Ribadeo por tódolos lados, hehehehehe. Agora en serio, noraboa ós Safari Orquestra!
ResponderExcluirChulo o cambio de deseño! E eu pensando que ías deixalo. Parabéns
ResponderExcluirÍa deixalo, de verdade que si. Porque estaba canso, sentía que me repetía, que o que escribía perdía interese e que a cousa xa case supoñía unha carga máis que un pracer. Nesas condicións non me sentía con forzas. Pero velaquí que a realidade empéñase en poñernos en fronte a mercenarios, pobreshomes e delincuentes dialécticos -de todo hai- coma os da sociedade coral polifónia "La Imposición del Gallego", de pouca tradición pero non desprezable suceso neste recanto mohicano no que vivimos. E acabou fervéndome o sangue outra vez. Iso e algún cariño recibido por algunha xente benquerida que me dixo que me animase a continuar...
ResponderExcluirAsí que me dixen: para ir á batalla, que o inimigo nos vexa guapos e elegantes -non reprimidos nin relambidos con gomina e cuspe coma os do OPUS, nin novos ricos coma moito empresariado afín ao PP, nin tampouco señoritos e paletos de cansino Casino como a escola dos PTV´s pontevedreses, e aquí estamos: co cadro de Suárez Couto (Bote de vela de Ribadeo, do ano 1930), con vento nas velas e coa escopeta na man en formación de guerrilla.
Até que as forzas aguanten, compañeiro. (Que bélico me quedou, carallo!)
Por certo, neste tema, como contrapunto ao meu enfado, recomendo a leitura do post de Suso Acevedo sobre o Decretazo contra o galego no ensino. Clariño, ameno e sensato coma sempre.
ResponderExcluirhttp://eltoupoquefuza.blogspot.com/2010/01/bases-para-elaboracion-do-decreto-de.html
Xavier,
ResponderExcluirAlgún día vou ter que pagarche unha boa paparota pola publicidade que me fas sempre. Graciñas.
Non sabía que pensaras en deixar o blog. Por unha banda enténdote, que eu tamén teño épocas de desmotivación, pero por outra... NIN SE CHE OCORRA!!! O que pasa é que ti tamén levabas un ritmo da hostia, con novos textos cada pouco.
Eu o que fixen foi autoimpoñerme o ritmo de unha colaboración semanal, salvo urxencias ou períodos especiais, como o Nadal, e levo tempo con iso, deixando algo novo normalmente os luns.
Pois si que estás moi activo ultimamente... aos críticos tan emocionados como eu polo disco de Emilio Jose suma aos de www.clubfonograma.com, revista dixital mexicana que o escolleu mellor disco latinoamericano de 2009 e o sexto mellor disco da década!
ResponderExcluirE para os videoclips, eu apunto dous de Rubén Domínguez: "Yo no uso condón" de Novedades Carminha e "Trying to fuck me" de Cudevaso.
No dejes el blog.
ResponderExcluirNi de coña.
Es una amenaza.
Me encanta el nuevo diseño. Espero que te lo fusilen ( como a Lorca) los Porquiños.
Saludos.
Postdata: ¿Ya te dieron las llaves de Mondoñedo?
Estupendo o novo video de Ruxe-Ruxe:
ResponderExcluirhttp://vimeo.com/8908451
http://www.youtube.com/watch?v=xAo5DHshALk&feature=PlayList&p=D1E01B96BD689903&playnext=1&playnext_from=PL&index=20
ResponderExcluirKASTOMA, grelo 66