Coa flor do pensamento

Onte falou unha Rosa na televisión española, para revelar novamente a agresividade e vixencia dunha corrente de pensamento reaccionaria e españolista que, disfrazada ás veces de progresismo e as máis das veces neofranquista sen careta, actualiza tristemente os versos de Machado: despreza canto ignora, e ignora moito. En resposta a unha cuestión formulada no programa HOY de Iñaki Gabilondo, en CNN+, responde Rosa Díez cal é a súa opinión sobre Zapatero: "que podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra". Que Rosa Díez é maleducada, demagoga e furibundamente españolista xa o sabiamos, mais cada vez que abre a boca para falar da nosa condición nacional -co desleixo e descoñecemento que a caracteriza- vén a confirmárnolo aínda máis, e con maior rotundidade que a anterior. Polas malas, férvenos o sangue. Ollado polas boas, mellor así: xa se desacredita soa. Porque ao carón da ignorancia habita nela a mala fe, a consciencia -estas súas son palabras xa repetidas- da ofensa cometida. Mais non ofende quen quere, senón quen pode, e ela por estas terras de momento pode pouco, ou máis ben nada. Lonxe de nós, pois, esas rosas, a apariencia e as espiñas desa Rosa, desa lideresa do novo lerrouxismo que medrou no partido da rosa e cobregueou feliz pola súa ambigüidade ideolóxica, para acabar trepando as súas paredes até onde lle deron as forzas e a ambición -deixouno, lembremos, após perder as primarias contra Zapatero, e agora é a única cabeza visíbel dunha formación á que todo o mundo se refere como o "partido de Rosa Díez" e cuxa cor, por suposto, é a mesma que a do seu nome-. Non prenderá nesta terra a súa inquina, agardamos; chéganos con sofrer a irresponsabilidade dun partido gobernante que muda a lingua propia en arma de confronto, que non se recoñece no idioma e na cultura do país, que fai boa e actual a análise de Memmi.

Mais cada moucho no seu souto. Un día despois das espiñas que nos cuspen, chove para que nós soñemos e medra inesgotábel a dignidade do país: avivece con Rosalía o remol dun lume sempre novo. No seu día, que celebramos -nacera tal día coma hoxe, un 24 de febreiro do ano 1837- medran tamén novos proxectos, leais á nación de noso, decididos a defender un futuro máis xusto no camiño da autoestima e do benestar. Nun contexto como o actual, poucas veces foi tan importante xerar pensamento desde a nosa posición, dar opinión nítida do traballo social e político do nacionalismo galego e pensar e analizar a realidade e o mundo desde nós. No boureo e no caos móvense mellor os que obteñen gañancia enlamando os debates, facendo caricatura das posicións dos outros ou exercendo, na practica, de quintacoluna radical. Convén pois que as nosas ideas, as nosas posicións, se transladen de xeito directo aos cidadáns e cidadás. Con esa intención é que se pon en marcha na Rede, desde hoxe e a diario, o Terra e Tempo dixital.

Galiza, o noso país, é unha nación. Por selo, ten dereito á súa autodeterminación, isto é, a decidir por ela mesma, por nós mesmos, o noso futuro. Seguiremos dicíndoo e defendéndoo, día a día, coa flor do pensamento nas nosas mans.

Presentación do TERRA E TEMPO dixital from Fundación Bautista Álvarez on Vimeo.

9 comentários:

  1. Aux armes citoyens!

    ResponderExcluir
  2. O Gabilondo calou... otorgando cecais?
    Para pidirlle explicacións ó paifoco de Gabilondo por permitiren expresións xenófobas no seu programa:

    http://blog.cuatro.com/noticias/2010/02/la-opinión-de-gabilondo-23-de-febrero.html

    Por certo, noraboa polo blogue que sigo con asiduidade. Sinto que o meu primeiro comentario sexa por este desagrdable asunto.

    P.s.: coíncido con León Saint-Just

    saúdos

    ResponderExcluir
  3. Obrigado a ti por lelo, Antón. Seguirei tamén eu o teu a partir de agora. Apertas

    León, vostede xa sabe: isto é a guerra. Empezaron eles, coma no colexio, e hai que reflexionar. Écrasez l infame!

    :-)

    ResponderExcluir
  4. Xavier, iso que falou non foi unha rosa; foi un cardo -con perdón para os cardos-.

    Saúdos

    ResponderExcluir
  5. Parabéns Xavier. Matina no que afirmabas no artigo de Hernán

    ResponderExcluir
  6. Tú idolaaaaaaaaaaaa. (¿Existe ídola?)

    ResponderExcluir
  7. Matino, camarada, matino. E sobre todo téñoo sempre presente, no pensamento. Os porqués de onde estamos e a forma de enfrontarse á vida.

    ResponderExcluir
  8. Fermosa lectura. Só que me queda engadir as verbas do noso bardo celanovés:
    "Das nosas debilidades
    o diaño non se ha de rir.
    Vámonos todos a unir,
    matando rencores cegos;
    que na unión dos bos galegos
    está da patria o porvir!"
    Saúde!

    ResponderExcluir
  9. El Dardo en la Palabra25 de fevereiro de 2010 às 18:29

    Querida Rosa: Coméme el nabo gallego.

    DRAE: Planta bienal de la familia de las Crucíferas, de cuatro a seis decímetros de altura, con hojas grandes, ásperas, gruesas, rugosas, las radicales partidas en tres lóbulos oblongos, y enteras y lanceoladas las superiores; flores pequeñas, amarillas, en espiga, fruto seco en vainillas cilíndricas con muchas semillas menudas, esféricas, de color pardusco y sabor picante, y raíz carnosa, muy grande, amarillenta o rojiza, esferoidal o ahusada, según las variedades, que se emplea para alimento de las personas y ganados en las provincias del norte de España,e incluso Galicia, donde se cultiva mucho

    ResponderExcluir

Comentarios