Same old blues again
Soa na tarde un blues camarada, un blues que é balada de calcetíns brancos na herba, negritude discutida que se incendia nos céus da Terra Cha, en baixando os camións para o Ceao, de volta do traballo. Dun lado do fío dese blues medra unha praia e nela un refuxio coma unha barricada; do outro, vinteseis anos que miran cara o horizonte. Todo está por encher, compañeira. Xógase nos dous o que máis precisamos: as lealdades básicas, as palabras que enxebran e dan calor nas mans, a sorte do moucho agasallada coma unha bendición. Pódese vestir o blues da tarde coma un xogo, e pódese ficar mirando no espello algún pasado. Houbo nel sementes que medraron até hoxe, e gardas algunha foto onde pousar o corazón. Eu sinto -acompañando o mastigar- que ese fío -teu e voso- me fixo pausar a ollada e me trouxo, en silencio, un conto para escribirmos cada día.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
"Xénero poético-musical do folclore negro americano que ten influencias da música relixiosa, das cancións de traballo e dos cantos africanos".Ummm. Por hoxe o deixamos ir pro pra vindeira vez que fagan o himno con música de gaita galega.
ResponderExcluirGracias por el enlace y la publicidad.
ResponderExcluirLa foto,de todos xeitos ,esta "photoshopeada".En la vida real estamos más gordos y somos más viejos de lo que aparentamos en la portada, o se intuye por el título de tu entrada.
Una fotografía muy bonita para que le dé por seleccionar una música de fondo azul, preñada de tristeza.
ResponderExcluirSeñor Beck, vivir na melancolía é unha forma de disfrutar a tristeza. Aos que nos dá horror o tránsito do tempo e a liberdade total da que nada nos ampara dános por mirar o azul do horizonte para comprobar, a un tempo, o pouco que é un home e a infinita dimensión do que nos rodea. E para alén, tamén o amor é azul, como vostede sabe.
ResponderExcluirSoy un enfermo de las metáforas bien hechas, compañeiro, así que, llegados a este punto, te vuelvo a preguntar: ¿Cuándo vas a hacer un favor a todos y te vas a poner a escribir en serio? Estos posts literarios siempre se me hacen cortos.
ResponderExcluirEstou dacordo con Adrián. Para cando un libro?
ResponderExcluirE a fotografía é preciosa. Lisboa?
A fotografía é Lisboa, si. Ana mirando o céu de Lisboa.
ResponderExcluirO do libro, ai, quen tiver tempo para tentalo, e iso supoñendo que houbese talento para facelo. Mais bicos para Chami e para Anónimo :), que as palabras de alento e cariño sempre consolan.
La luna de Lisboa, la vuelta al Tajo, Pessoa y su cohorte de heterónimos, el blues del delta y las leyendas urbanas.Reflexionaba sobre los lazos que nos unen,empezando por el main porco y acabando municipal, mientras leía la farsa del link que me acompaña. ¿Qué tiene que ver el talento con nada? Lo mismo que una mañaña en Sheffield con la resaca.Algún día nos publican.
ResponderExcluirObriago polo enlace do blog El silenciero, unha caixa de sorpresas. Haberá que lle dedicar algunhas horas esta fin de semana. :)
ResponderExcluirCuando seamos viejos.
ResponderExcluirY solo nos tengamos el uno al otro
Y el pasado solo sea ya una foto.