A Siñeira

Na liña exacta dos corazois nace o mar que nos habita. Dentro del veredes un latexo de meu, no sol dun verán que non remata e sabe a coello na aira de cas do Lero, ou Queitano, cabo da figueira grande e da corte dos xatos. Érguese Queti, ladra, sacode paciente a area que un neno lle deitou no lombo e procura as maos de Lourenzo na cociña. Aos poucos chega un coche desde un bar, e con el as revistas e as pegatinas de V, as tarefas do Grupo e os goles a nós mesmos. Queda, hoxe, un hórreo triste, cercado, onde houbo dúas casas, unha fonte, un cabanón e cen árbores ás beiras do maíz e das patacas. Contodo, tamén nós, correndo cara o mar. Na Siñeira mantemos o pulso das cousas, e envellezo ao buscarme e pouso nos dentes a ilusión de onte e de hoxe, a inocencia que empuño nas palabras nosas, de Dela e dos seus netos. Segue habendo vermello nas fazulas do mundo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios