Evo Morales e os homosexuais




Hai uns días os medios occidentais divulgaron indignados unhas declaracións do presidente boliviano Evo Morales nos que este relacionaba transxénicos con homosexualidade. A miña sorpresa e mágoa foi grande, porque a acción política transformadora e democratizadora do seu Goberno -no económico, no social e no político- merece todo o meu respecto e apoio. Non tería ningún inconveniente, porén, en criticar e lamentar as súas declaracións se efectivamente fosen realizadas nese sentido. Xustamente por iso fun aos videos do acto, e en ningún aparece ningunha cita á "homosexualidade". Evidentemente non podo saber con exactitude a que se refería Evo Morales cando, no contexto dunha intervención sobre o problema dos transxénicos, explica que estes provocan aos homes "desviaciones en su ser como hombre". Insisto: de se referir á homosexualidade, é evidente que serían unhas declaracións erradas, lamentábeis e que deben ser corrixidas. Mais non teño por que asumir a versión á que se sumaron con entusiasmo medios, persoas e organizacións que non se teñen caracterizado precisamente, no caso do Estado español, pola defensa da igualdade de dereitos para as persoas homosexuais, senón por todo o contrario. Sendo isto así, traio aquí a reflexión sobre o asunto do xornalista Pascual Serrano.

12 comentários:

  1. "Evo Morales asegura que los homosexuales europeos lo son por comer pollo"
    Pues si llegan a comer pollas.........

    ResponderExcluir
  2. Ao marxe de interpretacións, Morales dixo o que dixo: unha barbaridade, msmo desde unha óptica científica -que é a máis importante.
    A única posibilidade de xustificar o que dixo non é a descontextualización á que recorre Serrano (na ligazón deste post), senón a ignorancia e manter o respeto a un presidente que foi democráticamente elexido.
    Convén que Morales --e outros gobrnantes inexpertos no "arte" de comunicar-- teñan asesores sensatos e que, ademáis, lles fagan atención.
    Certo, ninguén o dubida, que se están a facer instrumentalizacións de todo o que din Morales e outros dirixentes da nova esquerda latinoamericana, pero amparar os significados que ten Morales non pasa por xustificalo, é mellor calar e deixar que os medias do sistema centren a súa atención --se é que isto é posíbel-- nas cousas que de verdade importan.

    ResponderExcluir
  3. A min non me acaban de chamar a atención as declaracións do Evo Morales, nin tampouco adiviñar exactamente o sentido das súas palabras, nin a interpretación que se pode derivar...
    O que si me chama a atención é que os medios occidentais dos nosos exemplares estados "democráticos" lle dean tanta importancia ao Perú e se esquezan do duro que é -aínda hoxe- vivirmos abertamente e con naturalidade a homosexualidade na Galiza, en Europa e nos estados do avanzado "mundo occidental". Con canta represión..., con canto medo... e con canta hipocrisía se vive a homosexualidade no mundo occidental, aínda que se queira aparentar o contrario!!!
    Non hai que ollar tanto para o Perú, hai que ollar máis para o que temos na casa por solucionar, que é moito.

    ResponderExcluir
  4. La coca,a veces, juega malas pasadas.
    Que haya Paz en Bolivia con el amigo Morales y senderos luminosos con patatas en Perú con el compañero Abimael Guzmán.

    ResponderExcluir
  5. El Pobrecito Hablador26 de abril de 2010 às 17:35

    Un poco sobre Pascual Serrano.Un angelito totalmente imparcial que fue periodista del ABC pero cayó del caballo, que es mejor que caer en él:
    1-"A principios de 2006 publicó ”Perlas. Patrañas, disparates y trapacerías en los medios de comunicación” editado en España por El Viejo Topo. En CUBA y VENEZUELA se editó una versión adaptada: “Juego Sucio. Una mirada a la prensa española”.
    2-"En febrero de 2010 fue galardonado con la distinción Félix Elmuza, que otorga la Unión de Periodistas de Cuba (UPEC) en casos excepcionales a periodistas no cubanos."
    Supongo que el premio se lo dieron por demostrar empíricamente la existencia del punto G,donde nació Colon y que Fidel Castro no es un dictador.
    3-¡Ay Cavanarda!,Si esto lo llegan a decir Don Manuel o el Berlusconi..........

    ResponderExcluir
  6. Agradezco esta entrada, porque da la posibilidad de intercambiar opiniones sobre esta cuestión de forma civilizada, y además me parece valiente tratar la cuestión abiertamente desde una perspectiva de izquierdas. Me parece que Evo Morales en este caso sí se refería a la homosexualidad, y por tanto doy la razón a Félix Soria cuando habla de la necesidad de que los presidentes de la izquierda latinoamericana cuentes con buenos asesores que eviten lamentables opiniones sobre temas en los que seguramente ellos no habían realizado reflexiones profundas con anterioridad. Partiendo pues de la calificación de las declaraciones como claramente rechazables, me parece también que conviene fijarse en la hipocresía de la derecha española que utiliza el tema de la homosexualidad ahora, para atacar a Morales, cuando en la propia España hacen declaraciones o convocan manifestaciones en contra de los derechos de los homosexuales. ¿Acaso España es moralmente superior a Bolivia en este tema?

    ResponderExcluir
  7. Parece evidente que a frase de Morales que citas neste artigo fai referencia á homosexualidade. Non creo que haxa que buscar xustificacións para estas declaracións. Creo que temos tendencia a xustificar polo contexto social e histórico as declaracións e os pensamentos que non compartimos de políticos polos que sentimos proximidade. Pero non creo que tivésemos condescendencia cunhas declaracións similares de G. W. Bush no medio oeste dos EUA (nun ambiente supoño que potencialmente máis homófobo que o altiplano). O erro é buscar políticos heroicos, cos que compartir todas as nosas ideas. Evo Morales pode ser importante para o seu país se ten un equipo coherente e sensato, que asuma esa declaración como un erro e faga políticas noutra liña. Ignoro se é así. Non vexo mal que haxa un tirón de orellas a Evo. Desas cousas apréndese, non?

    O que xa me chirría é o argumento "á defensiva" de Pascual Serrano sobre se as críticas se deben a unha visión etnocéntrica. Ese argumento do relativismo cultural é o que permite xustificar a ablación, o maltrato á muller e moitas outras barbaridades en todos os continentes, incluído (por suposto) o noso. E ese é un problema político de primeiro orde: a dificultade que temos para definir os límites do que cremos xusto e o que cremos relativo. E aí decídense moitas batallas, e diso depende a capacidade para criticar ou aplaudir con coherencia o que se di e se fai nestes e naqueles pagos do planeta, sen ter que mirarlle antes o carné a quen di, fai ou omite.

    (Desculpas pola extensión)

    ResponderExcluir
  8. Parece evidente que a frase de Morales que citas neste artigo fai referencia á homosexualidade. Non creo que haxa que buscar xustificacións para estas declaracións. Creo que temos tendencia a xustificar polo contexto social e histórico as declaracións e os pensamentos que non compartimos de políticos polos que sentimos proximidade. Pero non creo que tivésemos condescendencia cunhas declaracións similares de G. W. Bush no medio oeste dos EUA (nun ambiente supoño que potencialmente máis homófobo que o altiplano). O erro é buscar políticos heroicos, cos que compartir todas as nosas ideas. Evo Morales pode ser importante para o seu país se ten un equipo coherente e sensato, que asuma esa declaración como un erro e faga políticas noutra liña. Ignoro se é así. Non vexo mal que haxa un tirón de orellas a Evo. Desas cousas apréndese, non?

    O que xa me chirría é o argumento "á defensiva" de Pascual Serrano sobre se as críticas se deben a unha visión etnocéntrica. Ese argumento do relativismo cultural é o que permite xustificar a ablación, o maltrato á muller e moitas outras barbaridades en todos os continentes, incluído (por suposto) o noso. E ese é un problema político de primeiro orde: a dificultade que temos para definir os límites do que cremos xusto e o que cremos relativo. E aí decídense moitas batallas, e diso depende a capacidade para criticar ou aplaudir con coherencia o que se di e se fai nestes e naqueles pagos do planeta, sen ter que mirarlle antes o carné a quen di, fai ou omite.

    (Desculpas pola extensión)

    ResponderExcluir
  9. Hai varias evidencias no que dixo Morales:
    1- que non citou a homosexualidade en ningún momento.
    2- Que xa non é que tersiversaran as súas palabras, é que dixeron que dixo algo que non dixo.
    3- Todos os titulares puxeron entre aspas a cita á homosexualidade e xa que logo mentiron sobre este tema.
    4- sabemos o que pensa Morales do consumo de polos hormonados, o que non sabemos é o qeu pensa sobre a homosexulidade.
    5- Si sabmos o que pensan da homosexualidade os que o criticaron por dicir algo que só estaba na súa mente

    ResponderExcluir
  10. Unha crónica interesante que ten a ver colateralmente co que está saíndo nos comentarios:

    http://www.cuartopoder.es/invitados/venezuela-cronica-desapasionada-para-democratas-laicos-i/187

    ResponderExcluir
  11. La metedura de pata de Evo, con ser de traca, no es achacable sólo al presidente boliviano. No sé cuál es el trasfondo de su alocución (igual hay que potenciar el consumo de otros animales más autóctonos), pero desde la comunidad científica se tiene absolutamente comprobado que el pollo que comemos, con hormonas o sin hormonas, no tiene nada que ver con supuestas “desviaciones que tienen en su ser los hombres”.

    Algo parecido sucedió con Thabo Mbeki, anterior presidente de Sudáfrica, cuando cuestionó la eficacia de los antirretrovirales para salvar vidas de los seropositivos, con consecuencias nefastas en la mortalidad de infectados o las prematuras de bebés al no poder tratar a sus madres gestantes.

    Que haya dirigentes políticos ingenuos o que, creyendo que actúan de buena fe, digan y sostengan majaderías, no exculpa a la troupe de asesores y demás aparatos del Estado que están ahí para algo más que para cobrar el sueldo público.

    Comparto las inquietudes de Evo Morales por los padecimientos de la Pachamama y suscribo su discurso indigenista, autónomo de las grandes corporaciones y de reapropiación de los recursos naturales, en tanto en cuanto supongan un beneficio para gran parte del pueblo boliviano, secularmente ignorado en el reparto de la tarta. Pero de ahí a decir tonterías media un abismo. Las estupideces ni son de izquierdas ni de derechas, pero cuando las suelta una personalidad como Evo, su repercusión es más que notable. Y eso hay que saberlo. Es el abecé de la comunicación.

    ResponderExcluir

Comentarios