O sentido da vida está na resistencia
a non perder a seducción das formas insubmisas
a páxina divina que se escribiu na neve
como o libro de Kells
ou falar da paixón que durou como a vida en Vigo
no sagrado
E non perdelo todo na ruta da beleza cara á morte
nas madeiras gravadas na saudade de Luís Seoane
no exilio de Bos Aires:
os oficios amados a cerámica o tecido a orfebrería
a memoria auroral xunto ás pallozas a carón dalgún dolme
Debuxar con amor as liñas paralelas milenarias
vasos campaniformes
ou tal vez deseñar nalgún momento axial unha Diadema...
O neno medra e soña por enriba do tempo
Luz Pozo Garza, "A Diadema de Ribadeo"
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios