Bruído sen nome

Todo bruído sen nome é un agoiro. A palabra de Novoneyra, Blanco Amor e Otero Pedrayo. A paisaxe, a xeografía, o clima como elementos a partir dos que construír narrativas e reabrir cicatrices. A revolta e uso consciente dos tópicos. A insularidade histórica de Galiza. Bótase de menos un achegamento das propostas máis innovadoras e arriscadas no panorama sonoro galego a elementos que potencialmente permiten construír tese, discurso, conceptualizacións. Bótase de menos un Bruído sen nome disco, alguén o pode tentar como lista de spotify. Sería interesante procurar fórmulas de achegamento e roce entre creadores novos do ámbito do rock con textos e elementos determinados do campo da escrita. Penso en Grupoh, Roper, Hanom Ausse, Projecto Trepia, Qualia, Noise Project, Colectivo Oruga, ... Penso en Islandia. islandia referencial. Todo bruído sen nome é un agoiro. Non sería interesante construír unha narrativa musical intensa e diferente, para o que dure, enraizada na humidade das fábricas de frío de Celeiro, dos camións subindo a costa do Sal, da ferida económica -brosa e mencer, discotecas de Cospeito, emigración, Arianrod é dorneira- na terra?

5 comentários:

  1. Eu creo que sería moi interesante propiciar espazos de encontro entre novos cineastas, novos escritores e novos músicos, arredor de temáticas determinadas que potencialmente darían resultados creativos conflitivos, vivos e interesantes.

    ResponderExcluir
  2. Enorme canción esta de Noise Project!!

    ResponderExcluir
  3. A música haina, abofé; e voces tamén, eu modestamente poño a miña. Alguén selecciona os textos e montamos un spoken word galaico? Levámolo a Galegolab.org?

    ResponderExcluir
  4. Ei, Sak, andas polo facebook? Paréceme boa idea, falámolo?

    ResponderExcluir

Comentarios