Até aquí chegamos. Chuchos. Beizón a todas e todos os que pasastes por esta ribeira, ao vento norte de Cavanardá. Nela quedou o voso alento, a palabra e a emoción, as músicas posíbeis, e nada diso se perde. Co perfume dos séculos pousado na lingua, cantamos óro sé beatha baile, lemos Irmaus en voz alta e partillamos o alimento para os días que virán. As mans na terra e a mirada limpa. Saravá!
Grazas por Cavanardá! Boterei de menos os seus aires!!!
ResponderExcluirBicos mil!
Patri
Saravá, Xavier!
ResponderExcluirLástima que terminó, el festival de hoy
ResponderExcluirpronto volveremos con mas diversiones
Xabi,Xabi,
nuestro rey te esperamos
con afán
siempre alegras nuestras vidas
con tu festival.
Agradecido.
Di que si, a historia faise nos bares de Riabadeo ás 4 da mañá ;)
ResponderExcluirAgora en serio, unha mágoa que non siga este streaming de palabras e ideas. Se o Facebook te tenta para seguir transmitindo, fuxe del coma do par...
Unha aperta e seguimos maquinando o falado e eu agardando outra ultranoite!
claro que seguimos! :-)
ResponderExcluirhai moitos frentes abertos
"isto non é o final, é o principio" :-)
sak, apunta título novoneirán: BRUÍDO SEN NOME
ando niso
rubal, pati, ...moitos chuchos, de verdade
ResponderExcluirNoraboa por canto deixas dito, Xabier. Supoño que non podo reprocharche nada eu, que abandonei coma ti algún tempo antes. Con todo, non deixa de ser unha lástima. Eran ben interesantes os teus textos e tamén a selección musical.
ResponderExcluirPero como non podo evitar un reproche, velaí vai: Mira que deixarns como última imaxe unha gaivota pepeira voando sobre nós! Será que están en todas partes.
Cághina! A este passo nom me vai ficar nada para ler na internet!
ResponderExcluirDeica sempre! e a ver se essa gaivota pepeira que aparece na fotografia pondo rumo a nengures nom vai ser umha metáfora das nossa profundas (des)esperanças...
Saravá! Obrigadísima pola travesía que foi.. e polas que virán.
ResponderExcluir