Sempre positifo




Teño un amigo que defende con tesón e romántica terquedade a traxectoria de Montero no Barcelona, aínda que el sabe coma a min que -recoñecéndolle ao base dos tiros libres sen rebote a indiscutíbel calidade que posuía- non deu de si o que todos agardaban nin chegou a xustificar na pista o feito de ser a fichaxe máis cara do baloncesto ACB daquela altura. Gústame, contodo, a súa teima por Montero. Gústame polo que ten de aposta por algo máis que os fríos resultados, polo que supón de aprezo cara os que non se consagran como triunfadores indiscutidos, polo que mostra de respecto e memoria dos que caen no medio do camiño cara a gloria.

Non é o caso da persoa da que vou falar, mais a min pásame algo semellante con Louis Van Gaal: sempre o defendín e continúo coa espada na man, disposto ao debate tabernario. Eu ben sei das dificultades de xustificar unha defensa con Okunowo, Celades e Reiziger. Tamén, é obvio, do pouco cariño que o home soubo gañar para si na mediática deportiva. Mais o paso do tempo, coma sempre, deu e quitou razóns. O seu palmarés continuou medrando e resulta hoxe impresionante. E sobre os medios, vista hoxe a pucharca pocilgueira na que foi dexenerando a prensa deportiva -nalgunha altura foi diferente, non si? - o carácter do holandés resúltame cada día máis digno de tenrura e xustificación.

Véuseme á cabeza Van Gaal mentres pensaba nas alineacións históricas do Barcelona, un equipo que gañe ou perda sabe a que xoga e defende ese estilo desde os tempos de Cruyff, e que acadou con el e cos seus sucesores máis evidentes (Van Gaal, Rijkaard, Guardiola) os seus momentos máis álxidos de brillantez futbolística. Lembrei entón as dúas ligas gañadas polo segundo (97-98, 98-99) e como na última temporada os fados se abateron negros e malditos sobre o equipo, nun derradeiro mes fatídico que conduciu ao desastre cando todo facía presumir que ese ano se gañarían -polo xogo demostrado: irregular ás veces, mais tamén espectacular e brillante decote- a Liga e máis a Champions. Ese mes de derrotas supuxo a fin da era Núñez no Barcelona e a dimisión do holandés, sempre cuestionado, sempre na picota. Cóntano e repásano, maxistralmente, no blogue Diarios de fútbol.

O tempo pasou e o Barça viviu momentos gloriosos, como os actuais, mais é de xustiza lembrar desde a distancia Van Gaal, días antes de que, xa o verán, gañe de novo a Champions fronte ao histrión maleducado Mourinho.


El entorno siguió presionando para que se cambie el entrenador, apuntando también al presidente. Los discursos caminaron por la misma senda de los dos últimos años, con la prensa repitiendo la cantinela de que el equipo había perdido la identidad catalana y que se había convertido en una colonia de extranjeros, la mayoría holandeses, mercenarios que no sentían la camiseta. Este discurso se mantuvo, como decimos, a pesar de ciertas evidencias que en teoría amenazaban con desmontarlo. Por ejemplo, Celades, el pobre canterano que había tenido que huir de la
dictadura vangaaliana, recaló en las filas del Real Madrid, tal y como se había avisado desde el club tiempo antes. Nadie escribió de aquello. Por otro lado, otro refugiado político como Oscar no triunfaba en el Valencia, a pesar de sus innegables facultades. Cuando Héctor Cúper, su nuevo entrenador le expulsó de un entrenamiento con idénticas formas y por la misma razón que hacía menos de un año lo había hecho Van Gaal, nadie volvió al episodio de la temporada anterior para pensar que quizá, aunque solo fuera un poco, el entrenador holandés tenía parte de razón.

En el vestuario blaugrana, por otro lado, se abrió un nuevo cisma cuando Rivaldo afirmó no estar dispuesto a jugar más en el lugar del campo en el que le ubicaba Van Gaal. La prensa, la misma que acusaba a Robson de no tener suficiente autoridad para imponerse al capricho de las estrellas, tomó partido por el brasileño y resumió el caso como una muestra más del mal carácter del holandés. No les faltaba razón. Van Gaal cometía un terrible pecado: ubicaba a Rivaldo en la parte del terreno de juego en la que creía que más rendiría y en la que, el año anterior, había ganado el Balón de Oro, marcando veinticuatro goles en treinta y siete partidos. Algo, como vemos, imperdonable.

10 comentários:

  1. A fichaxe de Montero polo Barça magoou poderosamente o meu corazón verdinegro.
    Pero ao final foi para ben pois Rafa Jofresa demostrou sern un xogador caralludo e deixou sitio para Tomás, que de seguro non era tan bo mais era moitisimo máis divertido.
    Iso sí hai que reconhecerlle ao pobre Jose Antonio que el sempre insistiu en que era un base puro ( e de iso xogaba na Penya), mais Aito teimaba en ponhelo de escolta. E pode que aí este a clave de que o seu rendemento non fora o agardado

    ResponderExcluir
  2. Bueno, Montero jugó muchos años como base y no tanto como escolta, salvo al principio, cuando compartió mesa y mantel con Solozábal. Después, hasta la coincidencia con Salva Díez y Galilea jugó casi siempre como base, o, al menos, así lo recuerdo yo.
    Sobre Tomás Jofresa, para mí sí es el base más sobrevalorado del baloncesto español. Lo definiría como un triplista inconsciente que nunca supo cómo se juega al baloncesto. Demostró lo poco que valía en cuanto puso un pie fuera del Joventut.
    A todo esto, lo mío con Montero, lo reconozco, era algo irracional.

    ResponderExcluir
  3. Recuerdo la alineación clásica del Dream Team (Zubizarreta, Ferrer, Koeman, Goikoetxea, Guardiola, Eusebio, Amor, Bakero, Stoichkov, Laudrup, Beguiristain) y también la alineación tipo de Van Gaal: Hesp; Reiziger, Abelardo, Frank de Boer, Sergi; Guardiola, Cocu, Luis Enrique; Figo, Kluivert, Rivaldo. Dos equipos enormes!!


    Para mi gusto Van Gaal fichó medianías como Zenden, Ronald de Boer, Anderson, Bogarde ...y dió demasiados partidos a jugadores mediocres como Roger u Oscar ...o directamente malos como Okunowo, pero su calidad como entrenador no parece discutible.

    ¿Que fué de Oscar, Roger, Celades, De la Peña, ...? Se iban a comer el mundo y, en cambio, su llama se fué consumiendo en silencio.

    Comparativamente creo que la alineación del año próximo, con Villa, será la mejor de la historia (Valdés; Alves, Puyol, Piqué, Abidal; Busquets, Xavi, Iniesta; Messi, Ibrahimovic, Villa) mejor aún que el equipo de Rijkaard en el 2005 (Valdés; Belleti, Puyol, Oleguer, Gio; Marquez, Xavi, Deco; Ronaldinho, Eto´o, Giuly).

    ResponderExcluir
  4. A foto de Van Gaal con bágoas nos ollos é simplemente brutal.

    ResponderExcluir
  5. Lembro un partido de Montero no Juventud, no que meteu cinco triplas seguidas. Alucinante

    ResponderExcluir
  6. Adrian, eu sonche do Joventut (tamén dun xeito irracional) e tou certo de que Tomás non se pode comparar con Montero. Pero a min faciamo pasar moi, moi ben e non tenho nada que reporcharlle ( ata a defensa a Djorjevic na derradeira xogada da final-four de Estambul foi perfecta)
    E por certo que a final que a Penya lle ganhou ao Barça no Sant Jordi rematou con Tomás sendo defendido por Montero. Xustiza poetica que lle din...
    Xa ves o pouco que precisamos os seareiros dos pequenos para ser un chisco felices.

    ResponderExcluir
  7. Unha cousa que ten Van Gaal, á marxe do deportivo, é que sempre foi unha persoa moi querida dentro de todo o persoal do FC Barcelona. Lembro como fixo dar unha volta por casa de cristo a todos os xogadores para que non pisasen o fregado dunha limpadora, como algúns deles estaban a facer.

    E Okunowo no PcFútbol despois subía a media a saco e acababa sendo dos mellores laterais do xogo. Comentario á marxe.

    ResponderExcluir
  8. Anda que debe de estar a pasalo mal o Okunowo tal dia como hoxe http://www.sport.es/default.asp?idpublicacio_PK=44&idioma=CAS&idnoticia_PK=601701&idseccio_PK=803

    ResponderExcluir
  9. ostras! que fenónemo o Okunowo...

    ResponderExcluir
  10. Como patisante culé direi que non gosto moito desa política de mercar as armas do inimigo (montero, riki, etc...), todo fica na casa, catalana, certo é, mais non gosto ver aos clubes humildes tendo que desprenderse do talento que forxaron. Con todo, Montero apuntaba ate fichar polo barça. Non é o caso de Riki, ese vai para pétrovic!

    Breo, breo, breo, breogán! Que tempos os da Korac!

    ResponderExcluir

Comentarios