Notas a rodapé



Nestes 18 meses de Cavanardá fomos medrando, aprendendo cousas, desaprendendo outras, confirmando sospeitas, descubrindo novos motivos de entusiasmo, renegando do cinismo, apostando pola palabra sen disfrace. Falando destas e outras cousas, tomando unhas cañas no Ribadeo de comezos de agosto, fixemos entre varios amigos esta lista de 18 puntos. Velaquí queda, a xeito de manifesto.Pódese discutir ampliación.

1.Determinadas fotos de Sinéad O Connor, Elis Regina ou Jane Birkin confirman que, en efecto, as mulleres máis guapas son aquelas que aínda se volven máis atractivas ao cortaren o pelo a lo garçon.

2.Deus probabelmente non exista. Despois de acalorada discusión concluímos: se existir, leva o 10 nas costas e xoga no Barcelona.

3.A felicidade como tal tampouco existe. Unha versión plausíbel podería ser –admítense variacións-: mañá de sábado, verán, terraza cun zume de laranxa, tranquilidade, Ribadeo.

4.O marxismo é cada día máis necesario, actual e moderno. Fáinos máis falla ca nunca, ou tanta coma sempre. O de Groucho e o de Karl, os dous.

5. Somos (óense carraspeiras na sala, alguén sae facendo espaventos, o coro de demócratas oficiais esixe libertaz, libertaz) nacionalistas e somos comunistas. Rojos, si. Collemos prestadas palabras de Bourdieu para afirmar: non gostamos dos que renden culto ás transgresións baleiras, que reducen a libertinaxe á súa dimensión erótica e fan do cinismo unha das belas artes. Lonxe de nós o todo vale posmoderno, o xogar á vez en todos os taboleiros e non apostar nada en ningún, o desprezo ás utopías, o silencio medido fronte o capital, o individualismo elitista, a comenencia.

6.Ter ideas e defendelas, con convicción e sen dobrez, ten mala prensa. Pon en garda aos cínicos e aos oportunistas. O pesimismo desmobilizador, o escepticismo paralisante, dan prestixio intelectual. Mais nós non queremos o seu prestixio, nin o seu recoñecemento. Queremos avanzar, de xeito prosaico, contraditorio, conflitivo, manchando as mans na realidade, actuando a partir dela, conseguindo vitorias nada desprezábeis.

7.Para comer, Lugo.

8.En Barreiros, ó teu aire. (E mellor canto máis perto de Cavanardá)

9.Resulta obvio a estas alturas, mais dicímolo de igual modo. Para informarse é mellor non ler a prensa, non escoitar a radio, non ver a televisión. Ou cando menos non esa prensa, esa radio, esa televisión, oscilante entre o social liberalismo (Público, La Sexta), a dereita liberal (El País, Ser, Cuatro), a dereita máis reaccionaria (ABC, La Razón, El Mundo) e o nacionalcatolicismo fascistoide (Cope, Intereconomía, La Gaceta). No caso galego imos resumir nun todos iguais, progubernamentais, con alicerce na dependencia das axudas públicas.

10.Os medios non reflicten a realidade. Peor: moitas veces tentan creala conforme os intereses dos donos aos que serven. Afortunadamente, a Rede permite hoxe procurar vías de información alternativas, a través de blogues, plataformas e portais diversos. Con todo, hai tantos lugares por coñecer, tantos afectos por compartir, tantas boas películas para ver, tantos libros aos que meterlles o dente...

11.Está a Estrella Galicia e despois o resto de cervexas. O que vimos de dicir non é discutíbel e admite poucos matices.

12.Gústanos Emilio José. Moito. A ironía, a rabia, a mala hostia, a dor, a ferida, o amor, as músicas, as letras. Patriota galego.

13.Xornalismo deportivo é unha contradictio in terminis. Ambos significantes deixaron hai tempo de ter significado ao iren xuntos. Existen, si, vociferantes demagogos cuspevelenos (De la Morena), aspirantes a humoristas de motel de autopista (Roncero, Guasch, Siro López), seres variopintos doutras galaxias (F.Hermel, Loco Gatti ), chulapos mesetarios coa graza no ollo do cu (Manolo Lama, Poli Rincón), órganos de expresión de Ultrasur (Marca, As) e Boixos Nois (Mundo Deportivo, Sport) e programas salsarrosas estupidizantes de diversa ralea e manufactura. Mais non, lamentándoo moito, xornalismo deportivo. Punto pelota.

14.Non todos os camiños son igual de defendíbeis e de fermosos para lograr unha vitoria. Pódese chegar ao cumio voando como as águias ou reptando coma os vermes. Os dous valen, e o caso dos vermes ten mérito engadido, que recoñecemos. Mais non gostamos das águias que teiman en enlamarse tendo capacidade para erguer o voo. Gústanos, por iso, o Barcelona de Cruyff, Van Gaal, Rijkaard e Guardiola e o Celta de Irureta e Victor Fernández. Gústanos o fútbol, en definitiva.

15.Existe o pop e existe Inglaterra. Despois existen sucedáneos, máis ou menos logrados.

16.Hai esquerda e hai dereita. A primeira defende os principios da Ilustración, a segunda manter os privilexios das clases dominantes. A historia,obviamente, non rematou.

17.Palestina vencerá!

18.Nós, o que é ser, somos galeg@s.

8 comentários:

  1. faltouche aquelo de...si te pasas o dia rodeado de imbéciles, escuitando imbecilidades e indo a sitios de imbécil (cada dia mais en ribadeo), logo non te queixes si che chaman imbécil ou o pony de san lázaro che da unha sartenada de hostias.

    e digoo eu que me paso por aquí agora que o chiringuito parece, vai pechar. en pleno agosto...

    P.D. que boa ta anna simón!!!!!!!

    ResponderExcluir
  2. O punto 15 é obviamente falso. Existe certa maneira de facer rock e unha cidade que se chama Nova Iorque. Como diría unha ilustre musicóloga ribadense, os antecedentes aos que aludes son como comparar a Strauss (Oscar) con Schoenberg.

    Polo demais podería aderir ao Programa de Ribadeo!

    ResponderExcluir
  3. Discrepo moderadamente nalgúns casos,
    1. a reviravolta de Gilda non sería o mesmo sea esa preciosa melena que soamentes moi poucas foron quen de levala con dinidade o longo da Historia.
    13. Hai excepcións, Samano
    O fago Enérxicamente:
    11 Non aturo a Estrella Galicia nin o que castelanizou o nome. Sei que podo ser crucificado
    Amplio:
    2. E Bueu
    Apoio incondicionalmente
    Todo o demais pero...o 18 debería ser o 1 con permiso de Sinéad
    Afectuoso saúdo dende o sul

    ResponderExcluir
  4. poni árias san lázaro5 de agosto de 2010 às 16:37

    O de que vaia pechar o blogue é noticia afortunada para os que xa estabamos cansos del. tanta política e tanta música farta e repite como un chourizo ao viño. de todas formas, se algún masoquista quere lelo sempre vai poder, porque queda na Rede per aeternam, creo, así que os post non desaparecen.

    sobre o pop: comparto impresións de anónimo 2 sobre o rock. existe NY e incluso California.

    tamén existe Robin Wright

    ResponderExcluir
  5. suscriboo con matices..
    existe Estrella Galicia pero tamén 1906.
    existe o jazz e existe Nova Orleáns..
    variacións sobre o tema de felicidade en Re menor: chegando a tardiña, entre terrazas, e pequenas cervexerías de madeira, cañas e conversas a partes iguais, a poder ser con algun concerto ben entrada a noitiña..
    e tamén existe o romanticismo, lonxe de vampiros adolescentes, a pulsión individual de rebeldía cara o mundo do redor, o Sturm and Drang.. o romanticismo de mudar paseniño as cousas a través, por exemplo do arte ou da educación.
    e tamén existe Meryl Streep en memorias de áfrica, por certo con música de John Barry que no seu día algúns chegamos a tocar baixo a batuta daquel que ti e eu sabemos..

    ResponderExcluir
  6. E a Cate Blanchet con ou sen pelo, e o primeiro grolo dunha cervexa fría despois de currar todo o día, e a Ría de Aldán, e pisa-las as follas secas nunha fraga en outono, e bicala nos beizos de mañá aínda durmida, e os blogs coma este, e que non decaiga...

    ResponderExcluir
  7. Discrepo no dos xornais: poucos e só ás veces, mais o Público, o Xornal e algunha vez o País son lexibles.

    ResponderExcluir
  8. Por certo, a sabidaría popular insiste: para comer, Lugo; para foder, Muimenta.

    ResponderExcluir

Comentarios