Quen elixe ou vota aos mercados?

Resulta evidente que estamos asistindo á derrota das democracias fronte á ditadura dos mercados. As medidas impostas por Bruxelas e o FMI a Grecia e a España transparentan, neste sentido, a verdadeira natureza do capitalismo. A crise fáiselle pagar á sociedade en tanto o diñeiro público se pon a disposición dos bancos. Dicíallo clariño Julio Anguita no programa 59 " de TVE ao resto de comentaristas, que falaban das medidas económicas como se non fosen medidas políticas tomadas en función dunha determinada ideoloxía:

"Todos los que han empezado a tomar estas medidas han dicho ´porque lo dicen los mercados´. ¿Se han dado cuenta ustedes de que esto lesiona el principio democrático? ¿Quien elige a los mercados? (...) Está en riesgo el sistema democrático: los que no se presentan a elecciones dicen por nosotros lo que hay que hacer contra nosotros"
.

Os artigos de Vicenç Navarro, Alfredo Suárez Canal, Bernardo Valdés Paços e Xosé Ramón Ermida resultan moi recomendábeis para entendermos mellor a rendición ideolóxica da socialdemocracia e o que agocha de fondo esta crise.

3 comentários:

  1. Só dúas precisións:
    Primera, A nomeclatura da UE e o FMI non só impoñen condicións a Grecia e España, é unha "orde" xeral. Non é obxectivo reducir os problemas a Grecia e moito menos a España. España non serve sin de exemplo das perversións financeiras. Estados como Italia e Gran Bretaña, e non falemos de Irlanda, están en condicións macroeconómicas moito peores que España. A debilidade de España é outra, e mesmo ten raigames sociais e de organización da produción --que aínda é autárquica en moitas actividades, ao que se suma a debilidade fiscal, pois aquí só pagan impostos de xeito regular os asalariados.
    E segundo, a rendición non ñe só dos Estados, hai unha rendición social moito máis influinte do que estamos a valorar. Os galegos, por exemplo, teen interiorizado como un asunto capital a fusión das caixas ou o tren de alta velocidade, cando en realidade hai problemas e disfuncións moito máis graves que, por riba, teñen a orixe e a solución aquí, non en Madrid ou en Bruxelas.
    Unha aperta.

    ResponderExcluir
  2. E mentres tanto algúns seguen obsesionados cos Estados, coa indisoluble unidade da patrai, ... Os estados xa non pintan nada. Son unha mercancía máis que está na feira e que se pode comprar ou vender a gusto "dos mercados".

    ResponderExcluir
  3. http://www.youtube.com/watch?v=8dXRaQPsS70&feature=player_embedded#!

    O enlace anterior é do video coas intervencións de Anguita.

    Para Félix e Suso: eu no meu texto falaba de Grecia e España como exemplos concretos que evidenciaban unha orde xeral do FMI e dos poderes económicos, mais non reducía a cuestión a estes dous Estados, desde logo.

    Sobre a rendición social, habería que falar moito sobre cada caso. Poderiamos avaliar o papel das forzas políticas, dos medios de comunicación, dos sindicatos, ... O que é evidente é a rendición das socialdemocracias europeas -ou do social-liberalismo, para mellor caracterizalas- ás teorías económicas do FMI e dos "mercados financeiros", coas consecuencias sociais que diso se derivan e coa gravísima, ao meu entender, carta de natureza que se lle dá a estas esixencias como non ideolóxicas, como non políticas, cando é obvio que responden a unha ideoloxía moi determinada, que ademais é a mesma que causou a crise. Por certo, ese poder que xa se asume como irreversible e que está por riba dos propios Estados vén de solicitar no seu informe para España a progresiva bancarización do sistema de caixas, a eliminación do control político das mesmas e a súa desterritorialización progresiva. En román paladino, para o caso galego quedarmos sen ferramentas propias de apoio aos nosos sectores produtivas e sen capacidade, por tanto, de desenvolver unha mínima política económica de planificación e vontade de desenvolvemento endóxeno.

    Apertas aos dous!!

    ResponderExcluir

Comentarios